sábado, 21 de marzo de 2020

A PRIMAVERA XA CHEGOU!


Pois si...o sábado ás 4:50 da mañá! Foi moi madrugadora esta vez, sen dúbida. E...digo eu que...TEREMOS QUE RECIBILA COMO SE MERECE!

Coma sempre cunha boa canción! Sabedes que as cancións son dos recursos que máis me gustan porque serven para desfrutar, para bailar, practicar un pouquillo da galego, traballar a memoria, o ritmo e aprender vocabulario. 


Asi que... o dito! A mover o esqueleto co grupo Mamá Cabra!

RETO: Apréndete o retrouso da canción!