Novo ano, novo trimestre, novas vivencias, novas risas, novas alegrías... en definitiva...NOVOS PROPÓSITOS!
Nada máis chegar da volta das vacacións de Nadal, tivemos que poñer a nosa cabeciña en funcionamento e pensar cales son eses propósitos, esas cousas que me gustarían facer, con quen, que pretendo e intentarei conseguir este ano.
Finalmente colocamos as nosas bandeiras de propósitos no tendal da clase, para que ninguén se esqueza de todo o que debemos traballar e loitar para conseguilo!