viernes, 21 de abril de 2023

A PRIMAVERA XA CHEGOU!

Nótase ben na nosa clase! Estamos a argallar un mural de primavera e a decoración tamén para as nosas ventás!









Que vos parece? Se vos gusta a idea sò precisades folios de cores para facer os círculos e un rotulador negro para debutar os pétalos, o tallo e as follas da flor.

🌷 🌹 🌼 

TEMA 9 E 10 DE MATEMÁTICAS

 Xa a piques de rematar esta semana, os nosos modistos e modistas continúan traballando sen descanso!

Déixovos, no seguinte enlace, unha serie de recursos doutros anos para que continuedes practicando coas magnitudes estes días:

RECURSOS TEMA 9 E 10



lunes, 17 de abril de 2023

PROCESADOR DE TEXTOS

 Este trimestre en Informática imos a traballar o procesador de textos coa idea de prepararnos para facer e presentar traballos en formato papel ou dixital.

Hoxe fixemos un pouco de memoria do teclado: como podemos facer para escribir en maiúsculas, en minúsculas, poñer as tildes, os signos de puntuación, etc. 

Despois xa en faena, aprendimos a subliñar, a destacar unha palabra, cambiar o formato de letra, o tamaño…

A todo isto dímoslle forma copiando un texto do libro de LC, o que cada un e cada unha escolleou.

Os máis atrevidos e atrevidas conseguiron engadir algunha imaxe relacionada co seu texto!

Agora toca seguir investigando e practicando día a día!






viernes, 14 de abril de 2023

OS NUTRIENTES

 Para rematar o tema de CCNN buscamos nos folletos dos supermercados diferentes alimentos e os clasificamos segundo os nutrientes que nos aportan.


Ademais descubrimos  que un mesmo alimentos pode aportarnos varios nutrientes á vez.











Recordade que se escribides na lupa do blog a palabra chave "ALIMENTOS" teredes uinha morea de recursos para repasar e seguir aprendendo!

miércoles, 12 de abril de 2023

CADERNOS INTERACTIVOS O CICLO DA AUGA

 Xa estamos de volta!

Comezamos novo trimestre, estación, aprendizaxes, aventuras… 

Xa queda moi pouco e este trimestre pasa voando así que os nosos modistos e modistas xa están mans á obra!

Aproveitamos o ciclo da auga para elaborar un novo caderno interactivo facendo un pouco de papiroflexia:








Como vedes é moi doado de facer e da moitísimo xogo. Este tipo de recursos valen para repasar para un exame, aclarar as vosas ideas, comprobar o que sabedes sobre algo, etc. E non teñen que ser únicamente de contidos relacionados coas Ciencias.

Que vos parece?

martes, 28 de marzo de 2023

VÍSTETE DE RECONQUISTA

 Aproveitando a ocasión e o festivo, non perdades a oportunidade de pasar estes días polo Casco Vello da nosa cidade e pasar un bo rato na Reconquista de Vigo!

Se queredes investigar e descubrir máis sobre o noso día, pasase polo blog de O FIADEIRO no que atoparedes unha morea de recursos e de información sobre este día.

E para os nosos modistos e modistas deixo o seguinte enlace para que se vistan como a ocasión o requiere:



VÍSTETE DE RECONQUISTA HOMES

VÍSTETE DE RECONQUISTA MULLERES

COMO IR VESTIDOS? FARO DE VIGO


jueves, 23 de marzo de 2023

NÚMEROS DECIMAIS

Comezamos novo tema de Matemáticas e con el descubrimos xa que estamos rodeados de números decimais: na tenda, más medidas, nos pesos, etc. 

Velaquí unha serie de recursos para seguir aprendendo:


CONTINUARÁ…