jueves, 15 de febrero de 2024

CORAZÓNS

Xa estamos de Volta! 

Aproveitando que onte foi o Día do Amor ❤️, cada neno e nena escribiu e debuxou un propòsito, un desexo, unha persoa e un lugar especial nos seus respectivos corazóns de papel.

Finalmente coloreamos, recortamos e… fixemos un corazón xigante na fiestra entre todos.

Aproveitamos a ocasión, coma non, para falar do que é un desexo e do que é un propósito cousa que sempre leva a moitas dúbidas. 










jueves, 1 de febrero de 2024

DEIXANDO VOAR A NOSA CREATIVIDADE

 

Que podes debuxar a partires de liñas? Pois como cedes unha morra de cousas! Trátase de deixan voar a túa creatividade, coller un lápis e… pasan cousas coma estas!






miércoles, 24 de enero de 2024

INVESTIGANDO POLA PAZ

 Hoxe aproveitamos a sesión de Proxecto Competencial para ir á aula de Informática e traballar a búsqueda e selección de información.

Cada grupo de traballo investigou sobre diferentes aspectos do Día da Paz: historia deste importante día, simboloxía, personaxes emblemáticos como Malala, Nelson Mandela…

Coa axuda da plantilla elaboradorada polo noso equipo de biblioteca, cada neno e nena foi apuntando a información máis relevante.





Déixovos uns recursos relacionados para seguir aprendendo!





jueves, 11 de enero de 2024

O REINO DOS SERES VIVOS

 Comezamos tema novo en CCNN e con el novas aprendizaxes! 

Durante este trimestre traballaremos un novo reino dos seres vivos: OS ANIMAIS!

Hoxe descubrimos as características máis importantes dos animais invertebrados e os seis grupos que o conforman.

Para organizar as nosas ideas elaboramos un esquema coa información máis importante de cada un deles.


E para marchar cun bo sabor de boca... visualizamos unhas curtas moi divertidas sobre os insectos. Velaquí tedes algunha para seguir desfrutando na casiña!
 


RECORDADE QUE SE ESCRIBIDES NA LUPA DO NOSO BLOG A PALABRA "ANIMAIS", ATOPAREDES UNHA MOREA DE RECURSOS PARA SEGUIR APRENDENDO!




martes, 9 de enero de 2024

CHARLA AUGAS DE GALICIA

 Hoxe tivemos a sorte de contar coa visita dunha científica que traballa en Augas de Galicia Onde se encargan de estudiar os diferentes ríos de Galicia para tratar as inundacións dos mesmos.

Aprendimos un montón de cousas sobre as partes dos ríos, o ciclo da agua, a importancia e necesidade das inundacións, etc.

Pasámalo xenial facendo algún experimento e un xogo final de preguntas para comprobar todo o que aprendimos!