lunes, 13 de marzo de 2023

NUBES DE PALABRAS

 Continuamos coas sesións na aula de Informática que tanto lles gusta ao nosos modistos e modistas.

Hoxe descubrimos un novo recurso moi útil: NUBES DE PALABRAS! Con elas podemos elaborar as nosas nubes de palabras sobre a temática que desexemos. Unha forma moi visual e gráfica de traballar vocabulario, memorizalo, comprobar o que sei, repasar… Tamén din que para facerlle un agasallo a alguén, facer unha portada dun traballo, un dicionario visual… Unha morea de opcións grazas a este recurso que podedes atopar en:

www.wordart.com











domingo, 12 de marzo de 2023

ACRÓSTICO JOAQUINA GARCÍA GARCÍA

 

Despois de investigar e profundizar na vida de Joaquina García García, xa temos os nosos acrósticos en marcha!










martes, 7 de marzo de 2023

O TEMPO ATMOSFÉRICO

 Continuamos aprendiendo contidos en Ciencia Socias relacionados coa Terra. Neste caso, hoxe comezamos o día descubrindo cal é a función dos meteorólogos, que è unha estación metereolóxica, cales son os instrumentos que a compoñen, que son os mapas meteorolóxicos, etc.

Déixovos un algún vídeo explicativo coa información máis importante:










ESTACIÓN METEOROLÓXICA:






lunes, 6 de marzo de 2023

VISITA DE ROSA ANEIROS











 O venres tivemos a sorte de ter na nosa biblioteca do Seis a Rosa Aneiros, a escritora do libro que estamos lendo na clase este trimestre.

Foi un encontro moi divertido e entretido para todos e todas no que descubrimos un montón de curiosidades sobre Rosa que nos chamaron a atención, como que nunca pensou ser escritora ✍️!

Aproveitamos a ocasión para investigar sobre a súa vida e obra e para facerlle un pequeno homenaxe ao seu libro cos debuxos que realizamos con moito mito na clase.

Déixovos co blog da nosa biblioteca onde atoparedes as fotos dos mellores momentos con Rosa Aneiros:

ATLASDOSSOÑOS ROSA ANEIROS


jueves, 2 de marzo de 2023

FRACCIÓNS

 Comezamos novo tema en Mate e con él novos contidos e aprendizaxe.

Imos pouco a pouco descubrindo que estamos rodeados de fraccións no noso día a día polo que está resultando un tema moi interesante para os nosos modistos e modistas.

Déixovos un pequeno vídeo explicativo para facer memoria:


CONTINUARÀ…

CAPAS DA ATMOSFERA

Hoxe fixemos un caderno interactivo sobre as capas da atmosfera no que escribimos o máis destacado e o máis importante de cada unha delas.

Os caderno interactivo son unha forma de sintetizar a información e plasmala dun xeito visual favorecendo así a súa memorización e aprendizaxe.

Velaquí unha pequena mostra:






E a vos, que vos parece? Pensades que son útiles para repasar ou estudar? Probáchedes a facer algún na vosa casa? 

E para rematar… déixovos una recursos relacionados coa temática do día:



FICHAS INTERACTIVAS CAPAS DA ATMOSFERA