martes, 10 de noviembre de 2020

SESIÓNS ESPECIAIS DOS MARTES

 Hoxe retomamos esas sesións especiais que temos dous martes ao mês na aula de Informática e facendo robótica na aula coa nosa mestra Lucía.

En informática, aproveitamos para darlle un repaso ao blog: ver os vídeos de CCNN e CCSS, facer as actividades interactivas, adentrarnos en GOOGLE MAPS para descubrir o país no que de rodou a película do noso protagonista deste curso...e un sinfín de descubrimientos nun só clic!

Por outra banda, a outra metade na aula, aproveitou a sesión con Lucía para montar e desmontar os nosos robots e facer algo de programación dende as Tablets.




Interesante verdade? Haberá máis e millor!

lunes, 9 de noviembre de 2020

ACRÓSTICOS

 Hoxe descubrimos na sesión de Valores unha nova utilidade dos ACÓSTRICOS.

Como? Que aínda non sabes o que son? Pois pregunta aos nos@s BILLY ELIOTS que xa son uns e unhas expertas no tema.

Unha nova forma de describirmos e de coñecermos un pouquiño máis, facendo unha oración utilizando as inicias dos nosos nomes.

Velaquí unha mostra:







Parabéns polo estupendo traballo!

viernes, 6 de noviembre de 2020

OS VENRES SON DE BILLY ELIOT II

 Unha semana máis novo fragmento da película deste trimestre para o noso proxecto BAILE NO CINE.

O venres pasado descubrimos cal era o lugar no que transcorría a película, os seus lugares máis emblemáticos, a súa lingua, as súas comidas tradicionais, etc. 

Finalmente buscamos os monumentos e zonas que máis nos chamaron a atención como: a torre de BIG BEN, o LONDON EYE, a TOWER BRIDGE... a través do GOGLE EARTH co que podes aparecer onde ti desexes cun so clic!

Déixovos un dos vídeos que visualizamos para facer memoria e un enlace a GOOGLE EARTH para que viaxedes esta fin de semana sen movervos do voso fogar!






SEGUIMOS CREANDO

 Meus queridiños e queridiñas BILLY ELIOTS xa rematamos unha semana máis na escola, agotad@s pero ilusionad@s, coma de costume!

A verdade que os venres sempre son distintos e especiais, non si?!

Hoxe retomamos a película da pasada semana do grandísimo TIM BURTON, titulada: “FRANKENWEENIE”, para practicar unha nova técnica na sesión de Plástica.

Tivemos que recortar e pegar a cara d@s personaxes nun folio en branco e despois debuxar o seu corpo utilizando únicamente o lápis. 

Continuaremos o próximo venres! Mentres tanto déixovos un adianto:




A verdade é que queda MOI divertido!

miércoles, 4 de noviembre de 2020

CANCIÓN PARA O DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 O 25 de novembro conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar así recursos para a súa erradicación. É por iso que, dende a nosa escola, estamos xa a traballar, na área de Música, unha canción co noso propio baile.

Hoxe comezamos cos ensaios e, a verdade que, non foron nada mal... Nótase que o BAILE e o seu espírito xa levan no SEIS un tempiño!

 Déixovos o enlace á canción para que sigades practicando o baile e a letra da canción na casa, agora que temos que voltar a desfrutar dela.

Clica no seguiré enlace e a BAILARRRR:

YO SOLO QUIERO BAILAR





martes, 3 de noviembre de 2020

RETO DA BIBLIOTECA DO MES DE NOVEMBRO

 Boa tarde BILLY ELIOTS!


Se queredes seguir aprendendo e superando os RETOS sobre o baile da nosa biblioteca ATLAS DOS SOÑOS, non dubidedes en entrar no seguinte enlace que vos levará ao blog para descubrir o novo reto deste mes!


E ti, a que esperas para conseguir un novo selo do teu PASAPORTE?!


CLICA AQUÍ: ATLAS DOS SOÑOS- RETO NOVEMBRO



lunes, 2 de noviembre de 2020