martes, 4 de febrero de 2020

FLORES EN CCSS

Coñecedes as flores? Escoitáchedes falas algunha vez delas? Pois As flores son unha das plantillas máis empregadas para realizar os famosos Lapbooks. Son un recurso moi inxenioso e creativo para reflexar  e sintetizar a información.

En CCSS fixemos as nossa flores coas características máis importantes da paisaxe de costa e de interior.

Foi unha actividade xenial!






jueves, 30 de enero de 2020

NUBES DE PALABRAS DE PAZ

Co gallo do Día da Paz, acudimos a aula de informática para buscar información sobre esta conmemoración.

Finalmente creamos a nosas nubes de palabras sobre a PAZ, traballando o seu vocabulario e poñendo a funcionar a creatividade de cada un e de cada unha.

Recordade que as nubes de palabras son un recurso moi útil e sinxelo para traballar co ordenador e aprender novas palabras en galego!






martes, 28 de enero de 2020

ORGANIZADORES GRÁFICOS


Aquí seguimos...aprendendo diversas estrategxias para sintetizar a información!

En Valores estamos traballando con toda a información recopilada polos nenos e nenas sobre a súa ONG. Temos moitísima información así que...que mellor forma de estructurala que utilizando un organizador gráfico?!













O LÁPIS MÁXICO DE MALALA


Este conto foi moi especial para nós, xa que xa coñecemos un montón de cousas sobre a vida de Malala, polo que resultou emocionante entender todo o que estaba a pasar na historia e empatizar con ela.



Tras a lectura, contestamos as seguintes preguntas:

QUE FARÍAS TI SE TIVERAS UN LAPIS MÁXICO? PARA QUE O EMPREGARÍAS?

Velaquí tendes algunhas das nosas respostas!




lunes, 13 de enero de 2020

TABLAS DE MULTIPLICAR CON MILIKI

Aprender as táboas a ritmo de rumba, vals, rap... sempre apetece moito máis!

Aquí tendes o enlace ás tablas de multiplicar de Miliki para ir practicando na casa.

https://www.youtube.com/playlist?list=PL1B3B430F376D729B





jueves, 9 de enero de 2020

PROPÓSITOS 2020

Novo ano, novo trimestre, novas vivencias, novas risas, novas alegrías... en definitiva...NOVOS PROPÓSITOS!

Nada máis chegar da volta das vacacións de Nadal, tivemos que poñer a nosa cabeciña en funcionamento e pensar cales son eses propósitos, esas cousas que me gustarían facer, con quen, que pretendo e intentarei conseguir este ano.

Finalmente colocamos as nosas bandeiras de propósitos no tendal da clase, para que ninguén se esqueza de todo o que debemos traballar e loitar para conseguilo!








miércoles, 8 de enero de 2020

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Comezamos novo ano e novo trimestre! Estados preparados e preparadas?
Ide pensando cales son os vosos propósitos para este 2020!