O luns foi un día xenial! Palabras textuais dalgún dos nosos artistas de circo.
Estivemos na clase dos nosos afillados e afilladas e para empezar… déronnos un bo susto! Cando chegamos a súa clase estaban coas luces apagadas e coas candeas das súas cabazas acendidas.
Despois de repoñernos do susto, lémoslles o conto A MIÑA AMIGA A ESCURIDADE. Pero a cousa non acabou aí non! Aproveitando o conto relizamos un obradoiro ás escuras con luz negra e material de neón como témperas, plastilina, varitas, subliñadores…
Descubrimos unha morea de cousas divertidas que podemos facer ás escuras grazas ao conto e que non temos por que teñerlle medo.










