Comenzamos cos nosos cuadernos interactivo en CCNN! Esta vez para coñecer as partes da planta.
Se queres aprender sobre o reino das plantas só tes que levantar cada unha das solapas!
Comenzamos cos nosos cuadernos interactivo en CCNN! Esta vez para coñecer as partes da planta.
Se queres aprender sobre o reino das plantas só tes que levantar cada unha das solapas!
Hoxe aproveitamos os números de 3 cifras para facer un xogo na clase. Por parellas, tiveron que formar todos os números de 3 cifras posibles con 3 números diferentes.
Parece moi fácil verdade? A cousa non terminou aquí porque tamén tiveron que escribir esas cifras con letra e traballar a súa descomposición. O mellor de todo: ser os primeiros ou primeiros en darlle o timbre ao rematar!
Despois desta semana tan intensa os nosos artistas de circo tiveron a súa recompensa: un agasallo moi circense.
Cada un e cada unha escolleu o nariz que precisaba posto que no seu interior contiñan unha mensaxe de ánimo e de alento.
As voltas non son doadas, pero haberá que poñerlle algo de diversión e de cor, non si?!
A nosa aula (en obras) xa vai collendo algo de forma cos traballiños dos primeiros días dos e das artistas de circo de 3º B.
Cada neno e nensa decorou un artista de circo e debuxou a súa cara nel, sodes capaces de recoñecer aos vosos compañeiros e compañeiras?
Xa estamos de volta na escola argallando a chegada dos nenos e nenas de 3ºB. Espero que teñades moitas gañas de comezar o novo curso. Que nervios! (Eu tamén teño unhas bolboretas no estómago).
Desfrutade desta fin de semana e vémonos o luns para coñecermos, aprender, xogar, darlle á lingua e todo o que se preste!
Coma sempre, déixovos unha pequena pista do proxecto que imos traballar neste curso. Que será, será… Haberá recompensa para o neno ou nena que o adiviñe ;)