martes, 23 de septiembre de 2025

PARTES DA PLANTA

 Comenzamos cos nosos cuadernos interactivo en CCNN! Esta vez para coñecer as partes da planta.

Se queres aprender sobre o reino das plantas só tes que levantar cada unha das solapas!






XOGANDO COS NÚMEROS DE 3 CIFRAS

Hoxe aproveitamos os números de 3 cifras para facer un xogo na clase. Por parellas, tiveron que formar todos os números de 3 cifras posibles con 3 números diferentes.

Parece moi fácil verdade? A cousa non terminou aquí porque tamén tiveron que escribir esas cifras con letra e traballar a súa descomposición. O mellor de todo: ser os primeiros ou primeiros en darlle o timbre ao rematar!










 

lunes, 22 de septiembre de 2025

viernes, 12 de septiembre de 2025

COLLE O NARIZ QUE PRECISES!

Despois desta semana tan intensa os nosos artistas de circo tiveron a súa recompensa: un agasallo moi circense.

Cada un e cada unha escolleu o nariz que precisaba posto que no seu interior contiñan unha mensaxe de ánimo e de alento. 

As voltas non son doadas, pero haberá que poñerlle algo de diversión e de cor, non si?!



E ti cal precisas?


miércoles, 10 de septiembre de 2025

PASEN E... APRENDAN!

 

A nosa aula (en obras) xa vai collendo algo de forma cos traballiños dos primeiros días dos e das artistas de circo de 3º B.

Cada neno e nensa decorou un artista de circo e debuxou a súa cara nel, sodes capaces de recoñecer aos vosos compañeiros e compañeiras?




viernes, 5 de septiembre de 2025

VOLTAMOS!

 Xa estamos de volta na escola argallando a chegada dos nenos e nenas de 3ºB. Espero que teñades moitas gañas de comezar o novo curso. Que nervios! (Eu tamén teño unhas bolboretas no estómago).

Desfrutade desta fin de semana e vémonos o luns para coñecermos, aprender, xogar, darlle á lingua e todo o que se preste!

Coma sempre, déixovos unha pequena pista do proxecto que imos traballar neste curso. Que será, será… Haberá recompensa para o neno ou nena que o adiviñe ;)



lunes, 23 de junio de 2025

DESPEDIDA

 Aos meus artesáns e artesás:


Non quería marcharme sen deixarvos unhas palabras.

 Desfrutade das pequeñas cousas nestes meses: da compañía dos amigos e familia, da aldea (se tedes a gran sorte de ter unha), da praia, dunha comida ao aire libre, dunha andaina, dun concerto, dun xogo, dun conto, dunha noite estrelada, dalgunha festa das moitas que temos…


Os momentos que vivades este verán son momentos únicos que non se volverán repetir, quizais parecidos… pero nunca iguais. 


Ano tras ano, curso tras curso, todo vai cambiando: aparecen persoas novas na nosa vida, outras se van, outras están máis ausentes, ou quizais xa non temos tanto en común como pensabamos… As veces iso non está nas nosas mans, non o podemos controlar porque é algo natural que sucede sen máis. Pero non vos preocupedes, a vida non sempre vai como tiñamos pensado. Aínda así, tocará seguir.


Eu xa me despisto de vos e desta etapa da vosa vida, deste ciclo, que remata aquí. Despois de dous cursos intensos nos que eu tamén tiven que lidiar cos meus sentimientos, emocións, despedidas obrigadas, unha maternidade intensa e unha sensación de querer chegar a todo que, o certo é que, é imposible. Porén as cousas non sairon del todo mal, non si?


Só espero ter conseguido os meu principal propósito: que sexades un pouquiño mellores persoas. Ser boa xente abre moitas portas nesta vida. Todo o demais aparece nos libros!


E como ben di a canción, que aquí vos deixo, pase o que pase:


PADIANTE! 






martes, 10 de junio de 2025

OBRADOIRO CON ELENA FERRO

 Onte tivemos a sorte de ter na escola á zoqueira Elena Ferro. Leva nena facendo zocos nun obradoiro familiar, oficio que aprendiendo seu avó; e que, a finais do século XX, decidiu darlle un enfoque máis actual aos tradicionais zocos.

Nun momento no que o zoco estaba chegando ao olvido conseguiu salvalo facendo diferentes cambios no seu deseño, pero sen perder a súa esencia.

Os zocos Eferro, que é como se chama a empresa na actualidade, chegaron a diferentes partes do noso país e do mundo, pasando incluso polas pasarelas de moda.

Elena, explicounos todas as partes do zoco e elaborou un zoco no momento. O que máis nos chamou a atención, sen dúbida, foi como se fan os mallós!




MOITAS GRAZAS POLO TEU TEMPO E FERMOSO TRABALLO!

lunes, 2 de junio de 2025

RUTA POLO LAGARES

 Continuamos coas nosas saídas compartidas con outros grupos da escola. Esta vez, cos nenos e nenas de 6º de EI cos que fixemos unha ruta polo Lagares ata a praia de Samil.

Alí pasamos un bo anaco no parque e baixamos a praia a mollar os pés!

O que máis gustou: a volta no Vitrasa!😂






CORRELINGUA 2025

 Un curso máis os nenos e nenas de 4º acudiron ao Correlingua este año baixo o lema:

A MOCIDADE ACTIVA POR UNHA LINGUA VIVA!

Saímos da escola camiñando ata Castrelos da man dos nenos e nenas 4º de EI. Alí desfrutamos do concerto de Paco Nogueiras e rematamos a xornada no propio parque.

A verdade que foi unha xornada moi chula na que aproveitamos para compartir un bo momento cos nenos e nenas de Infantil grazas a nosa lingua!






jueves, 29 de mayo de 2025

OBRADOIRO ESCRITURA JAPONESA

 Continuamos co noso proxecto e coa artesanía nas últimas semanas xa do curso!

Esta vez tivemos a sorte de desfrutar dun obradoiro bastante diferente do que estamos acostumados xa que viaxamos a miles e miles de kilómetros do noso lar e das nosas costumes: A XAPÓN!

Fixemos un montón de actividades interesantes: información sobre Xapón (bandeira, nomes de cidades máis coñecidas, tradicións…), xogo para descifrar diferentes kenji, escribir o seu nome facendo un marcapàxinas e por último unha actividade de origami!

A verdade que foi un éxito posto que aos nenos e nenas esta cultura tan diferente á nosa sempre lles desperta moita curiosidade.

MOITAS GRAZAS a MESTRA de xaponés por vir de forma totalmente altruista por amor á súa cultura, lingua e á docencia.










martes, 6 de mayo de 2025

RECONQUISTIÑA

 Este curso tocounos ir á Reconquistiña, unha experiencia súper chula e divertida na que, ademais de elaborar os nosos propios tambores, tivemos a sorte de ter un obradoiro de percusión na escola e aprender moitas cantigas para o gran día.

Vestidos coas nosas mellores galas tradicionais, o noso estandarte, tambores e merenda alá fomos!













Moitas grazas as familias pola colaboración na realización dos tambores, na búsqueda de vestimenta e no propio día!



DÍA DO LIBRO

 Un curso máis, chegou o día do libro onde realizamos unha das nosas actividades favoritas proposta pola biblioteca do Seis! Convertímonos en padriños e madriñas dos nenos e nenas de 2ºB.

Días antes pasamos pola súa clase e fixemos unha xornada de convivencia para coñecernos.

Unha vez chegou o día, sacamos os contos ao patio e a desfrutar da lectura ao aire libre!







Rematamos cun intercambio de agasallos para non esquecernos dos nosos afillados e afilladas. Nós tamén quixemos ter un detalle con eles: unha tira de lectura feita a man. Que vos parece?