miércoles, 29 de mayo de 2024

ANÁLISE DE RADIOGRAFÍAS

Esta semana fixemos un tendal na aula coas radiografías que os nenos e nenas trouxeron das súas casas.

Con elas, fixemos un traballo de observación e análise no que cada equipo tivo que buscar diversa información nunha das radiografías:

DATOS DO OU DA PACIENTE

DATA DA RADIOGRAFÍA

HOSPITAL

ÓSOS QUE ATOPAS NA RADIOGRAFÍA

Agora xa somos expertos e expertas no tema e podemos entender e comprender para que serven e o importante que son no mundo da mediciña.









jueves, 16 de mayo de 2024

AS FAMILIAS CONTAN III

 Seguimos coas nosas familias colaboradoras!

Na hora de ler, o pai de Dani, viu a escola cun libro xenial sobre as árbores. Cada unha das follas esconde un tipo de árbore diferente. Un libro que non coñecíamos e que,  a verdade, nos encantou!



Cal foi o voso favorito? 🌲 🌳 

Moitas grazas por vir pasar un ratiño con nós!

miércoles, 8 de mayo de 2024

OS MAIOS

 Esta semana estamos de festa grazas a chegada do mes de maio e, con el, as flores, cestas, fiunchos, laranxas… sònamos? Pois si, estamos a celebrar OS MAIOS!

O luns montamos o Maio e o martes foi díade coplas e Danza dos Paus.

Na clase estivemos investigando e plasmando toda a información importante sobre OS MAIOS en diferentes oragnizadores gráficos.

Velaquí o resultado:








martes, 7 de mayo de 2024

CADERNOS INTERACTIVOS COS SENTIDOS

 Continuamos aprendendo e desfrutar na escola, agora facendo cadernos interactivos coa información màis importante dos SENTIDOS.





O mellor de todo é que os propios nenos e nenas elaboran a súa plantilla: dobran cortan, miden… Unha vez feita  complétana coa información máis importante.

Que vos parece?