Os últimos días de curso pasámolo estupendamente traballando en equipo e sacando o nos lado máis creativo.
Fixemos uns botes de sal que tinguimos con tizas de cores moi alegres cunha mensaxe como agasallo e recordo reste curso:
Os últimos días de curso pasámolo estupendamente traballando en equipo e sacando o nos lado máis creativo.
Fixemos uns botes de sal que tinguimos con tizas de cores moi alegres cunha mensaxe como agasallo e recordo reste curso:
Recorade a importancia de ler durante estas vacacións queridos modistos e modistas xa que os libros son a mellor viaxe para viaxar, para soñar, para rir... sen movernos do sofá.
Déixovos o enlace ao blog da biblioteca do Seis onde atoparedes unha morea de propostas lectoras interesantísimas pensadas para vós.
Nesta última proposta para o bloc de debuxo, os nosos modistos e modistas tiveron que deseñar o seu propio modelo de chanclas únicas e exclusivas!
Ademáis, de facer un fondo relacionado con ese accesorio tan veraniego.
Tamén aproveitamos a ocasión para falar das distintas palabras que utilizamos na nosa vida diaria para referirnos ás chanclas, dende cholas ata chilenos!
Modistos e modistas continuamos aproveitando os últimos momentos na aula facendo diferentes dinámicas e actividades.
Onte fixemos un recordatorio dos mellores momentos dos nosos nenos e nenas neste curso que finalmente representamos nunha liña do tempo. Descubrindo así que coas liñas do tempo non se representa únicamente contidos relacionados coa historia, se non que tamén coa nosa vida!
Velaquí unha pequena mostra:
Xa non queda nada modistos e modistas!
As mañás continúan sendo productivas en 4º B. O noso bloc de debuxo todavía conta con follas que é unha pena deixar en branco, non si?
Esta vez, cada neno e nena dibuxouse cunhas lentes de sol un tanto especias que amosan o que queren facer este verán. Dende viaxar, ata ver unha posta de sol, praia, camping, concertos... unha morea de plans para os que xa queda pouco!
Xa estamos a piques de rematar o curso!
Os nosos modistos e modistas continúan aprendendo e traballando. Esta vez a través de diversos xogos de xeometría coma o Tangram, o xeoplano, os mosaicos, cubos diabòlicos… cedidos pola nosa Bibliolab.
Despois de analizar cada unha das figuras e poñerlles nome e apelidos, os nenos e nenas fotón rotando polos diferentes equipos da aula nos que se atoraban dous xogos por mesa.
Unha boa forma de repasar para o último exame do curso, verdade?!
Hoxe descubrimos unha nova técnica plástica con café!
Si si o que ledes! A mestra Luisa explicounos como pintar con café e ademais como conseguir distintas tonalidades cun pouco de café, pinceis e auga.
Primeiro pintamos un debuxo duns osos pandas e, finalmente, deixamos voar a nosa creatividade e fixemos un debuxo libre.
Pasámolo estupendamente, pero... E o ben que cheira a nosa clase! Mmmmmmm