Nótase ben na nosa clase! Estamos a argallar un mural de primavera e a decoración tamén para as nosas ventás!
🌷 🌹 🌼
Nótase ben na nosa clase! Estamos a argallar un mural de primavera e a decoración tamén para as nosas ventás!
🌷 🌹 🌼
Xa a piques de rematar esta semana, os nosos modistos e modistas continúan traballando sen descanso!
Déixovos, no seguinte enlace, unha serie de recursos doutros anos para que continuedes practicando coas magnitudes estes días:
Este trimestre en Informática imos a traballar o procesador de textos coa idea de prepararnos para facer e presentar traballos en formato papel ou dixital.
Hoxe fixemos un pouco de memoria do teclado: como podemos facer para escribir en maiúsculas, en minúsculas, poñer as tildes, os signos de puntuación, etc.
Despois xa en faena, aprendimos a subliñar, a destacar unha palabra, cambiar o formato de letra, o tamaño…
A todo isto dímoslle forma copiando un texto do libro de LC, o que cada un e cada unha escolleou.
Os máis atrevidos e atrevidas conseguiron engadir algunha imaxe relacionada co seu texto!
Agora toca seguir investigando e practicando día a día!
Para rematar o tema de CCNN buscamos nos folletos dos supermercados diferentes alimentos e os clasificamos segundo os nutrientes que nos aportan.
Ademais descubrimos que un mesmo alimentos pode aportarnos varios nutrientes á vez.
Recordade que se escribides na lupa do blog a palabra chave "ALIMENTOS" teredes uinha morea de recursos para repasar e seguir aprendendo!
Xa estamos de volta!
Comezamos novo trimestre, estación, aprendizaxes, aventuras…
Xa queda moi pouco e este trimestre pasa voando así que os nosos modistos e modistas xa están mans á obra!
Aproveitamos o ciclo da auga para elaborar un novo caderno interactivo facendo un pouco de papiroflexia:
Como vedes é moi doado de facer e da moitísimo xogo. Este tipo de recursos valen para repasar para un exame, aclarar as vosas ideas, comprobar o que sabedes sobre algo, etc. E non teñen que ser únicamente de contidos relacionados coas Ciencias.
Que vos parece?