jueves, 24 de diciembre de 2020

BO NADAL

Felices Festas a todos e a todas!

A desfrutar moito das merecidas vacacións!

Ata o 8 de xaneiro! 



martes, 22 de diciembre de 2020

A NOSA APORTACIÓN AO FESTIVAL DE NADAL

 Este curso extraordinario, coma todo, tivemos que reinventarnos (unha vez máis) e deseñar un festival de nadal a través da pantalla...

Os nenos e nenas de 4º A e de 4ºB traballaron a panxoliña de Mamá Cabra titulada: "TRES REIS EN BICILETA". Cos debuxos dos e das artistas fixemos unha pequena montxe que esperamos vos guste moito:



BOAS FESTAS A TODOS E TODAS!


domingo, 20 de diciembre de 2020

GUÍA DE LECTURAS DE NADAL DA BIBLIOTECA DO SEIS

 Xa temos as esperadas propostas de biblioteca do Seis para este Nadal!

Recordade que podedes aproveitar a ocasiòn para pedir na vosa carta ao Apalpador, a Papá Noel ou aos Reis Magos a nosa lectura para ler xuntos e xuntas no 2º trimestre!

Porque regalar libros é regalar unha morea de aventuras e soños sen movernos do noso sofá!

Clica no seguinte enlace e descubre as lecturas en galego da biblioteca Atlas dos soños:

ATLAS DLS SOÑOS~LECTURAS DE NALDAL

viernes, 18 de diciembre de 2020

MOSTRA DE NOTICIAS NAVIDEÑAS DISPARATADAS

 Xa temos algúns resultados do noso estudo sobre as NOTICIAS NAVIDEÑAS DISPARATADAS coas que espertamos na xornada de hoxe.

Velaquí unha pequena mostra:












jueves, 17 de diciembre de 2020

NOTICIAS NAVIDEÑAS DISPARATADAS

 Seguindo dando algún pasiño máis nestes últimos días do 1º e intenso trimestre!


Comezamos cunha nova tipoloxía textual coa que xa estamos moi familiarizados grazas ao MUNDONOTICIERO de 3º e ao BAILENOTICIERO deste curso, non si?

A verdade é que en NOTICIAS somos uns expertos e unhas expertas. Tamén destacamos o importante que é contrastar as noticias e, en definitiva, a información que nos chegue sexa polo medio que sexa.

Esta mañá espertamos cunhas noticias disparatadas sobre PAPÁ NOEL! 





Tócanos profundizar na noticia, nas súas partes, nas preguntas ás que debe dar resposta... Preparados e preparadas?

Agora tócache a ti! Recorda utilizar o noso esquema de sempre e finalizar cun debuxo da noticia!

PERIÓDICO:

TITULAR:

DATA:

PIE DE FOTO:

QUE?

QUEN?

CANDO?

POR QUE?

COMO?

ONDE?

DEBUXO:










martes, 15 de diciembre de 2020

CARTA AO APLAPADOR

 Co gallo do NADAL, hoxe escribimos unha carta ao APALPADOR. 

Como? que non recordas quen é o Apalpador? Xa esta´s tardando en visitar o blog do FIADEIRO para facer memoria!

Coma foi un ano moi moi duro decidimos pedir un desexo para o mundo, en xeral, outro desexo para a nosa familia e amigos/as e, por último, un agasallo para nós memos ben merecido seguro!


Velaquí tedes unha mostra:











lunes, 14 de diciembre de 2020

RECURSOS PARA O NADAL

 O fiadeiro segue fiando pouco a pouco e está vez sobre o NADAL!

Chegou o frío e con el as panxoliñas, os cantos de reis, a ilusión e a maxia! Clica no seguinte enlace e adéntrate nunha morea de recursos: 

RECURSOS NADAL- O FIADEIRO DO SEIS



OBRADOIRO DE ESCRITURA ✍️ III

 Parece que si, que agora xa nos toca afiar ben o noso lápis e comenzar co noso conto!

Para iso, detente un segundo, le o seguinte esquema e recorda as partes do conto: INTRODUCIÓN, NUDO e DESENLACE.

Pero...como podo comenzar cada unha das partes? Como podo enlazar unhas partes con outros? Como podo unir unhas ideas con outras? 

RECORDA:

- Emprega algúns dos principios ou finais dos nosos cadernos interactivos.

- É preciso respirar e para iso debes utilizar signos de puntuación coma as comas, puntos e seguidos, puntos e aparte, dous puntos... Pensa que o teu conto está escrito para  que alguén o lea e non queremos que ninguén quede sen respiración!

- Utiliza conectores para enriquecer o teu conto e non utilices continuamente “y” ou “e”. Podes utilizar: ENTONCES, DE REPENTE, MÁIS TARDE, AO CABO DUN TEMPO, AO DÍA SEGUINTE, etc.

- Remata cun bo final, ben redactado, non teñas presa por rematar axiña.


E agora? Poñede a vosa imaxinación a traballar e toca demostrar todo o que aprendíchedes nestas sesións de obradoiro de escritura!

RECURSOS E ACTIVIDADES INTERACTIVAS CCSS TEMA 4


Xa a piques de rematar este trimestre e coincidindo case case co Día da Constitución... comezamos novo tema en CCSS adicado á organización do noso territorio. Un tema moi interesante e moitas veces descoñecido para os nenos e nenas que lles acerca a entender a estructura e organización do noso país e, incluso, a plantexarse o seu sentido e algunha que outra mellora...

Déixovos unha serie de recursos para repasar e seguir aprendendo sobre o noso sistema de goberno:


A DEMOCRACIA




E para conmemorar o Día da Constitución... Velaquí unhas fichas interactivas para seguir aprendendo:

A CONSTITUCIÓN




ORGANIZACIÓN DO TERRITORIO ESPAÑOL











COMUNIDADES AUTÓNOMAS DE ESPAÑA









MAPAS POLÍTICOS




BANDEIRAS DAS NOSAS CCAA

domingo, 13 de diciembre de 2020

OBRADOIRO DE ESCRITURA III

 Xa estamos moi preto de elaborar os nosos propios contos pasiño a pasiño. Hoxe abordamos a SINOPSE do noso contó, é dicir, antes de poñerme a escribir teño que saber de que vai a tratar o meu conto, non si? É o único modo de facer algo con xeito, sabendo que quero poñer!

Agora que xa coñecemos a importancia de ter claro as personaxes, saber como son, como se comportan... Ademais da necesidade de saber cales son as características da localización na que vai a trancurrir a nosa historia... Tócanos ter claro e explicar de que vai a tratar o noso conto, é dicir, facer unha breve sinopse sobre o mesmo.

Aquí tedes un modelo que vos será de moita axuda (espero):


E que facemos agora? Pois a escribir apréndese escribiendo así que....mans á obra!

viernes, 11 de diciembre de 2020

ACORDEÓN CORPO HUMANO

 E seguimos creand un pouquiño máis porque en 4ºB nada nos para nin a chuvia ☔️ , nin o vento💨  nin o  frío 🥶!

Hoxe aproveitamos a sesión de Plástica para repasar os diferentes aparatos do corpo humano traballados en CCNN porque cualquiera momento é bo para aprender e repasar e non hai millor forma que de xeito lúdico!

Deseña os un acordeón do corpo humano no que abrindo e pechando descubrimos como é o noso corpo por dentro.

Velaquí algunha mostra:




Parabéns ás artistas e aos artistas!

jueves, 10 de diciembre de 2020

OBRADOIRO DE ESCRITURA II

 Continuamos co noso obradoiro de escritura para a elaboración de contos paisño a pasiño! Hoxe tocounos traballar a localización do noso conto, ese lugar onde vai a trancurrir a nosa historia e vai facer que cobre un sentido.

Adentrámonos para comezar nun tenebroso BOSQUE DEL ESTE como modelo, para deixar voar toda a nosa creatividade escribindo sobre unha CASA ENCANTADA.

Aquí tedes o modelo e a localización para traballar na casa durante a fin de semana:



Agora tócavos escribir sobre unha nova localización: EL CASTILLO!

miércoles, 9 de diciembre de 2020

ADENTRÁNDONOS NO NADAL

 Xa queda moi pouquiño para a chegada do Nadal e con el as luces, as cores, o frío, as comidas e ceas interminables, os bos momentos en familia... Aínda que este ano, coma todo, será un Nadal algo atípico, temos que prepararnos!

Coma ben sabedes, nos diferentes blogs dos equipos da escola podedes atopar dende lecturas, pasando por cancións, xogos, manualidades, información, etc. sobre as diferentes conmemoracións dende a escola.

É o iso, que o equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Biblioteca escolar está xa argallando o seu material para estes prezados días!


Polo de agora, déixovos o enlace ao blog O FIADEIRO- APALPADOR que xa está quentando motores preparando a chegada e visita do Apalpador a nosa escola para que vaiades investigando sobre este personaxe galego que vive nas montañas de Lugo.

Deixade forzas tamén para engadir na vosa carta, ao Apalpador, algunha das lecturas de Nadal propostas pola biblioteca do Seis premendo no seguinte enlace: O APALPADOR- ATLAS DOS SOÑOS




OBRADOIRO DE ESCRITURA I

 Benvidos e benvidas meus BILLY ELIOTS! Despois desta ponte tan fría e tan longa, toca seguir un pouquiño máis!


Hoxe comezamos cun OBRADOIRO DE ESCRITURA en LC para desgranar  e abordar a escritura de contos pasiño a pasiño.

Descubrimos que para escribir un conto temos que facer un traballo previo moi moi importante coma...

ELIXIR UN PERSONAXE E DESCRIBILO!

O primeiro paso consiste en ter claro quen ou quenes van a ser os protagonistas e as protagonistas dos nosos contos e, para iso, temos que facer unha despción dos mesmos.

Velaquí tedes un pequeno exemplo da nosa personaxe do día:  LA BRUJA MAREJADA


E AGORA... POIS TÓCACHE A TI! 

Fai o mesmo co DRAGÓN DOREMI seguindo o modelo xa creado na túa libreta de actividades!


viernes, 4 de diciembre de 2020

ESTAMOS DE PONTE!

 


RETO DA BIBLIOTECA

 Xa temos novo reto da biblioteca do Seis para este frío 🥶 mes de decembro!

Visita o blog ATLAS DOS SOÑOS para descubrir que se esconde neste novo reto sobre o baile 💃🏻 !

Desfrutade moito desta ben merecida ponte na que non pode faltar a música e o baile para quentar o corpo.



jueves, 3 de diciembre de 2020

TRES REIS EN BICICLETA

Billy Elliots xa ule a Nadal, non si? Haberá que ir quentando motores durante esta ponte!

Para iso, déixovos unha panxoliña de Mamá Cabra para que cantedes e bailedes durante estes días na casiña!

RECORDA: escribir  nun folio en posición horizontal a frase da panxoliña que che tocou e debuxala! Podedes utilizar os materias e a ténicas que vos desexedes!