Recordades aqueles xoves solidarios dos que falaramos na clase? Pois aquí temos un pequeniño adianto e adaptación a esta inicitiva que sabedes que, polo momento, ten que postponerse...
Pero non por iso nos imos a quedar sen pasar un bo rato en familia! Hai moita xente que continúa cambiando o mundo dende a súa casa e, unha delas, é facendo rir e facendo pasar un bo rato aos demais.
Na familia de Paula hai unha desas persoas que cambian o mundo facéndonos pasar bos momentos a grandes e pequenos. A súa visita á escola, terá que esperar un pouco máis, pero non quixo perder a oportunidade de ter un pequeno agasallo con nós polo Día do Teatro que foi o 27 de marzo!
Aquí tedes súa propia versión (en tempos de confinamento) dun conto titulado "FAMILIA DE VALIENTES" para días nos que necesitamos contos para quedarse na casa e deixar voar a nosa imaxinación!
Moitas grazas pola colaboración de Arantxa, da súa familia, de Paula Figueroa e a súa irmá Candela Figueroa!
RETO: Fai un debuxo do conto, da parte que máis che gustou e envíame unha foto!