jueves, 20 de febrero de 2025

PAXARIÑOS A VOAR

Como ben sabedes, o Día da Candeloria, tamén coñecida como As Candeas; é o día no que se casan os paxariños e ningún ave voa soa. Ademais, despedímonos do frío inverno e damos a benvida ao renacer da primavera.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, propuxo realizar uns paxariños e facer así un mural colaborativo con todos os nenos e nenas do centro.

Nós fixemos uns paxariños de papiroflexia que o noso nos custou! 

Que vos parecen?










TRÍPTICOS DA PREHISTORIA

Xa temos os nosos trípticos da Prehistoria repletos de información!

Unha forma de sintetizar e representar a información máis importante son os trípticos, sabías da súa utilidade?

É unha ferramente xenial para resumir, repasar e ordear ideas 💡.

Velaquí unha pequena mostra:






 

martes, 11 de febrero de 2025

DÍA DA PAZ

Aproveitando o noso proxecto este ano para o Día da Paz deseñamos una corazóns coas nosas mans, acompañados da seguinte mensaxe:

SOMOS AMABLES

Porque que importante é ser amables con todo o mundo xa que as palabras levarannos lonxe, sempre e cando sexan de afecto e amizade!





SAÍDA AO MUSEO DO MAR

 O venres fixemos a primera saída deste trimestre! Tivemos a sorte de ir ao Museo do Mar a facer un obradoiro relacionado coa Prehistoria e co noso proxecto.

Serviunos como repaso de cousiñas xa traballadas na aula e tamén descubrimos unha morea de cousas interesantes sobre o Neolítico e paleolítico.


















jueves, 19 de diciembre de 2024

SESIÓN DE CINE NAVIDEÑA

 Último día! Hoxe xa podemos respirar tranquilos e tranquilas porque o festival saiu xenial e pasámolo estupendamente!

Así que toca rematar este longo trimestre coa nosa tradicional sesión de cine navideña. Qué peli será esta vez? O noso elfo foi o encargado de escollela… a ver con que nos sorprende!

MENTRES tanto, nós xa temos lista as nosas caixas de palomitas da @mestracris para acompañala!