jueves, 2 de febrero de 2023

SESIÓNS DE INTELIXENCIA EMOCIONAL

 Este trimestre cada semana estamos a traballar a intelixencia emocional. Realizamos diferentes dinámicas nas que falamos sobre as emocións, a xestión das mesmas, como identificalas, etc.

Hoxe cada equipo realizou o seu sol da emoción que lle tocou. En cada un dos seus raios tiñan que escribir unha situación na que sentisen esa emoción.

Continuamos descubrindo cousas dos nosos modistos e modistas cada día!








miércoles, 1 de febrero de 2023

O VERBO

Hoxe na sesión de LC, estivemos estudando o verbo: que é, cales son as súas conxugacións, o seu modo, tempo…

Déixovos uns vídeos explicativos que vos poden ser de axuda:





DÍA DE DESPEDIDA

 Hoxe tivemos un día emotivo despedindo a unha das modistas de 4ºB que comeza unha nova etapa, pero coa que segurísimos estaremos en contacto.

Aproveitamos para facerlle un agasallo conxunto cunha dedicatoria de cada un/unha de nòs!


UN PRACER COMPARTIR ESTE TEMPIÑO CONTIGO NO SEIS!

 

lunes, 30 de enero de 2023

PODO AXUDARTE…

 Esta semana fixemos o reto da biblioteca de xaneiro adicado aos OBXECTIVOS ODS 16 e 17.

Cada neno e nena pensou nas cousas que se lle dan ben e que poderían ensinar aos demais.

E sabedes que? Pois que descubrimos unha morea de cousas dos nosos compañeiros e compañeiras que, despois de tantos cursos xuntos, descoñecíamos.

Vamos que aquí nunca deixamos de aprender una dos outros!

Finalmente completamos a plantilla que xa está colgada nos corredores para que os interesados e interesadas collan un anaco de nós.








viernes, 27 de enero de 2023

CADERNO VIAXEIRO

 

Cada mércores sorteamos o noso caderno viaxeiro entre os nenos e nenas de 4ºB.

Neste curso temos que deseñar un cartel/anuncio sobre algunha prenda de roupa ou accesorio.

Temos que poñerlle un nome ao noso produto, un slogan, facer un debuxo do mesmo, explicar como é e, por último, que pretendemos conseguir.

Deste xeito, ademais de traballar o cartel e o anuncio, deixamos vía libre á creatividade dos nosos modistos e modistas.

Velaquí unha pequena mostra:




BILLY Y EL VESTIDO ROSA



 Este trimestre os nosos modistos e modistas están a ler na sesión de Valores o libro BILLY Y EL VESTIDO ROSA.

Para comezar lemos o primeiro parágrafo e descubrimos de Billy espertou un día sendo unha nena.

🫣😱😨

Na clase cada neno e nena explicou que sentiría se un día espertase sendo nena ou neno intentado poñermos no papel de Billy. Tamén trouxemos un vestido rosa por se alguén se animaba a probalo…

Por último fixemos a nosa versión da portada do libro.





O PRÓXIMO VENRES MÁIS E MELLOR!

jueves, 26 de enero de 2023

DESEÑADORES DO FUTURO

 Hoxe, na bibliolab, fixemos un pequeno obradoiro de robótica relacionado con Día da Paz ☮️ .

Como bos programadores, a través de DOODLE3D,  deseñamos os nosos propios colgantes con forma de pomba sacando o noso lado máis creativo e demostrando que somos uns deseñadores e deseñadoras do futuro!

Recordade que podedes seguir practicando na vosa casa a través do seguinte enlace:

https://www.doodle3d.com/

Aquí algunha imaxe de todo o proceso.