Billy Elliots xa metidos de cheo no mundo da clasificación das palabras segundo a súa sílaba tónica, non si? Toda unha aventura ao principio sobre todo, pero practicando e practicando todo se consegue!
Déixovos unha serie de recursos para facilitarvos esta ardua misión de poñer a tilde nas palabras sempre e cando sexa preciso... OLLO! ;)
Hoxe aprendimos o que era un Flipbook e para que serve. Descubrimos que é un recurso moi útil como repaso dun tema ou para axudarme a organizar as ideas dun tema das deferentes asignaturas.
Trátase dunha serie de folios de cores cortados a diferentes tamaños nos que escribir o máis importante día apartados dun tema a traballar ou a estudar.
Esta semana faremos, coma tarefa na casa, o noso primeiro FLIPBOOK sobre A PREHISTORIA.
Aquì tedes algúns exemplos que vos poden servir de inspiración.
IMPORTANTE: RECORDADE QUE LEVADES XA A PLANTILLA PREPARADA POR SER A PRIMEIRA VEZ E QUE O DÍA DE ENTREGA SERÁ O XOVES 18 DE MARZO.
Atrevédesvos a facer o voso sobre as etapas da Prehistoria? ÁNIMO!
O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora!
Hoxe na clase, fixemos un pouco de memoria sobre a importancia deste día, o motivo polo cal se celebra, a súa cor... Ademais de poñerlle cara a muller con estrela que moitos de nós descoñecíamos ou pensabamos incluso que eran homes!
Aquí tedes os recursos utilizados no día de hoxe, para seguir celebrando na casa este día cada día das vosas vidas: