viernes, 25 de octubre de 2019

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA


Hoxe acudimos á biblioteca por primeira vez no curso moi ilusionados e ilusionadas!

Alí descubrimos unha morea de novidades relacionadas co proxecto deste curso: Cambiamos o mundo desde o seis.

Descubrimos unha mensaxe nunhq esfera colgada do teito coma se rose o noso planeta Terra. Agora temos que decorala entre todos e todas!

Tamén recollimos a nosa mochila viaxeira, que xa está preparada para ir de fogar en fogar.

Volveremos cada martes para facer o préstamo e desfrutar de tódolos seus recursos.

Moitas grazas ao equipo de Dinamización da biblioteca polo recibimento, xa estamos deseando volver.






domingo, 22 de septiembre de 2019

OS NOSOS EQUIPOS

Estes día estamos organizando como imos  facer para cambiar o mundo... como comprenderedes non é nada doado, pero nada é imposible, só o que non se intenta!

Cada equipo será un continente posto que queremos que o ansiado cambio chegue a todas as partes do mundo por moi pequeño que sexa...


domingo, 15 de septiembre de 2019

@S PROTAGONISTAS DO CAMBIO


Aquí tendes @s protagonistas do cambio de 3ºB!


Malala será a muller que nos acompañará ao longo do curso e...vos preguntaredes por que? Pois teredes que esperar un pouquiño máis e descubrilo pouco a pouco! 


miércoles, 11 de septiembre de 2019

CAMBIEMOS O MUNDO EN 3ºB!


Benvidos e benvidas! Comezamos un novo curso con novas ideas, vivencias, proxectos e ilusións!

Estados preparados e preparadas?

Así foi como atopamos a nosa clase: unha mensaxe de Malala, un libro sobre ela e un cofre cheo de sorpresas!

Pero a cousa non acabou ahí! Nas nosas cadeiras atopamos unhas frases motivadoras sobre o cambio, coas que descubrimos que nós somos os e as protagonistas do mesmo. Así que ide argallando e pensando que podedes facer para cambiar o mundo! Porque esperar a que chegue o cambio non é unha opción, xa que e cousa de tod@s!





Volveremos próximamente con máis e millor!