martes, 3 de junio de 2025
lunes, 2 de junio de 2025
RUTA POLO LAGARES
Continuamos coas nosas saídas compartidas con outros grupos da escola. Esta vez, cos nenos e nenas de 6º de EI cos que fixemos unha ruta polo Lagares ata a praia de Samil.
Alí pasamos un bo anaco no parque e baixamos a praia a mollar os pés!
O que máis gustou: a volta no Vitrasa!😂
CORRELINGUA 2025
Un curso máis os nenos e nenas de 4º acudiron ao Correlingua este año baixo o lema:
A MOCIDADE ACTIVA POR UNHA LINGUA VIVA!
Saímos da escola camiñando ata Castrelos da man dos nenos e nenas 4º de EI. Alí desfrutamos do concerto de Paco Nogueiras e rematamos a xornada no propio parque.
A verdade que foi unha xornada moi chula na que aproveitamos para compartir un bo momento cos nenos e nenas de Infantil grazas a nosa lingua!
jueves, 29 de mayo de 2025
OBRADOIRO ESCRITURA JAPONESA
Continuamos co noso proxecto e coa artesanía nas últimas semanas xa do curso!
Esta vez tivemos a sorte de desfrutar dun obradoiro bastante diferente do que estamos acostumados xa que viaxamos a miles e miles de kilómetros do noso lar e das nosas costumes: A XAPÓN!
Fixemos un montón de actividades interesantes: información sobre Xapón (bandeira, nomes de cidades máis coñecidas, tradicións…), xogo para descifrar diferentes kenji, escribir o seu nome facendo un marcapàxinas e por último unha actividade de origami!
A verdade que foi un éxito posto que aos nenos e nenas esta cultura tan diferente á nosa sempre lles desperta moita curiosidade.
MOITAS GRAZAS a MESTRA de xaponés por vir de forma totalmente altruista por amor á súa cultura, lingua e á docencia.
miércoles, 28 de mayo de 2025
martes, 6 de mayo de 2025
RECONQUISTIÑA
Este curso tocounos ir á Reconquistiña, unha experiencia súper chula e divertida na que, ademais de elaborar os nosos propios tambores, tivemos a sorte de ter un obradoiro de percusión na escola e aprender moitas cantigas para o gran día.
Vestidos coas nosas mellores galas tradicionais, o noso estandarte, tambores e merenda alá fomos!
Moitas grazas as familias pola colaboración na realización dos tambores, na búsqueda de vestimenta e no propio día!
DÍA DO LIBRO
Un curso máis, chegou o día do libro onde realizamos unha das nosas actividades favoritas proposta pola biblioteca do Seis! Convertímonos en padriños e madriñas dos nenos e nenas de 2ºB.
Días antes pasamos pola súa clase e fixemos unha xornada de convivencia para coñecernos.
Unha vez chegou o día, sacamos os contos ao patio e a desfrutar da lectura ao aire libre!
Rematamos cun intercambio de agasallos para non esquecernos dos nosos afillados e afilladas. Nós tamén quixemos ter un detalle con eles: unha tira de lectura feita a man. Que vos parece?