martes, 1 de octubre de 2024

CÁPSULA DO COMPORTAMENTO

Durante este mes fixemos diferentes dinámicas para favorecer o clima e o ambiente da clase.

 Unha delas, foi a CÁPSULA DO COMPORTAMENTO. Unha caixa na que cada neno ou nena escribiu dúas cousas moi importantes:

- Por un lado, como lle gustaría que fose o ambiente da clase ao longo do curso.
- Por outro lado, un compromiso pola súa parte para mellorar o ambiente.

Finalmente metimos todas as nosas aportacións na caixa, con respecto ao comportamento e o ambiente da aula, que non abriremos ata rematar o curso.

Así comprobaremos en que medida conseguimos os nosos propòsitos!











 



FEITO A MAN SIGNIFICA FEITO CO CORAZÓN

 Na clase xa estamos quentando motores poñendo as nosas mans a traballar.

Coma sabedes, este curso vai a ser moi manipulativo a través da artesanía e os diferentes obradoiros dos que disfrutaremos.

Comezamos xa deseñando o noso marcapáxinas que utilizaremos na aula para as lecturas libres e grupais.

Velaquí unha pequeña mostra:









lunes, 9 de septiembre de 2024

COMEZAMOS!

 



O Seis comeza a argallar cousiñas moi interesantes para este novo curso 2024-2025.

Como sabedes, xa estamos na escola preparando todo para que os meus nenos e nenas de 4ºB aprendan, investiguen, convivan e disfruten cun novo proxecto. Que será será? 

Déixovos unha pequena pista co cartel da nosa aula. Se algún ou algunha de vós adiviña a temática deste curso terá unha pequena recompensa!

Vémonos o mércores!

APERTAS!


martes, 25 de junio de 2024

ESTAMOS NO VERÁN

 Pues si, xa é oficial: ESTAMOS NO VERÁN!

E con el… chegarán as festas, bailarán as bestas. Músicas a rebentar e nós fartos de xogar 🎶 

Desexarvos un feliz verán a todos e todas. Espero que levedes un bo recordo deste curso e que carguedes moito as pilas.

Recordade disfrutar de cada momento e das pequeñas cousas: un xeado, unha posta de sol, un paseo, unha peli, un conto… sempre en boa compañía.




lunes, 10 de junio de 2024

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

 E chegou o gran día: A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO!

Uf! Xa ule a verán e con el o final de curso xa está moi preto.

Despois de meses de espera por fin collimos o barco rumbo á a de San Simón. Alí descubrimos unha morea de acontecementos importantes que marcaron esta illa ubicada moi preto de nós.

Grazas a nosa guía, Tania, fixemos un percorrido precioso pola illa e pola súa historia que, sen dúbida, non deixou indiferente a ninguén.

O día rematou cunha xincana na que tivemos que buscar preguntas ocultas por todas as zonas anteriormente visitadas.

Sen olvidarnos do barco e dos desexos que pedimos ao pasar baixo a Ponte de Rande. E sabedes que? Pois que moitas deles fixéronse realidade.












miércoles, 5 de junio de 2024

UNHA EXPOSICIÓN DE CINE

 Para todos os cinéfilo se cinéfilas: 

XA TEMOS A EXPOSICIÓN DE CINE NO NOSO CORREDOR!

O traballo do PDI foi moi interesante, divertido e intenso este curso, non si? Hai moito traballo de fondo que non se pode ver, pero que está: investigación na aula de Informática, investigación nas casas e na biblioteca; visualización de musicais, recollida de información para o noso libro viaxeiro…

Isto é coma un iceberg hai unha parte que se ve e outra que non, pero aí está e é igual de importante!

Pasase polo corredor de 3ºA e 3ºB e quedaremos pegados e pegadas literalmente á pantalla.