viernes, 18 de septiembre de 2020

CADROS CON RITMO

 Aquí seguimos meus queridiños e queridiñas!

Xa estamos dando os primeiros pasos no proxecto deste curso. Hoxe, en Plástica, comezamos a recrear un cadro con moito ritmo e moita cor de Keith Haring.

Déixovos un pequeno vídeo sobre o pintor e a súa obra moi moi interesante:





APERTAS QUE VOAN!

sábado, 12 de septiembre de 2020

NOVO PROXECTO!

 Xa estamos a argallar un novo proxecto pra este curso 2020/2021! 

Unha serie de frases motivadoras enriba das nosas  mesas, unha carta misteriosa e o novo cartel da nosa  porta, déronnos un montón de pistas sobre o tema deste  curso. 

QUE SERÁ SERÁ?!





NOVA NORMALIDADE= NOVAS NORMAS



Ben sabedes que este curso ten moitas cousas novas, entre elas os nosos carteis da aula! Novas normas e un sinfín de ilusións tamén, así que ide tomando nota ;)








 Pero non esquecervos de...

viernes, 11 de septiembre de 2020

OS NOSOS GARDABICOS

 Hoxe descubrimos que os nosos gardabicos esconden moitas cousas: bicos, pecas, coloretes, segredos... pero sobre todo un sinfín de sorrisos!


Aquí tendes unha mostra dos retratos dos nenos e nenas de 4ºB con e sen máscara con tan sò un movemento de folla!


Moitos segredos...
Moitas pecas...
Moitos coloretes
Moitas historias...
MOITO QUE CONTAR!


lunes, 7 de septiembre de 2020

CARTELERÍA COVID NO CENTRO

Ola Malalas! 

Hoxe pasaba por aquí para ensinarvos un pouquiño como vai a escola con esto da nova normalidade. Temos unha cartelería moi moi importante polos corredores, portas e no chan que temos que ir coñecendo aos poucos para ser moi responsables e respectar cada día.

 Estades preparados e preparadas? SEGURO QUE SÍ!


Apertas que voan!

miércoles, 2 de septiembre de 2020

FAMILIAS, TEMOS UNHA CITA PENDENTE

 Boas Malalas! Aquí estou novamente, desexo que todos e todas estedes estupendamente e con moitas ganas de vernos as caras porque xa queda pouco!

Hoxe pasaba por aquí para informar as vosas familias que temos unha cita pendente para falar da volta ao cole en tiempos de nova normalidade. 

Aquí está toda a información:


Apertas que voan!