viernes, 6 de marzo de 2026

RECUNCHO DE INVESTIGACIÓN 8M

 Como ben sabedes, o 8 de marzo está moi preto, e os nosos artistas de circo estàn traballando arreo neste día.

Durante esta fin de semana teñen unha tarefa relacionado coas mulleres e o circo.

Hoxe descubrimos, no recuncho de investigación, unha nova temàtica para investigar durante estes días.

Cada equipo ten que recopilar información dunha muller vinculada co circo. Para uso levan un organizador gráfico no que deben organizar toda a información atopada.



miércoles, 4 de marzo de 2026

GENTILICIOS

 Velaquí seguimos queridos artistas de circo traballando e aprendendo! 

Estes días estamos a traballar os xentilicios, que? Si, si, esas palabras que nos indican de onde son ou veñen as persoas e cousas.

Déixovos unha serie de recursos e de xogos para seguir practicando e aprendendo:


FICHAS INTERACTIVAS


JUEGOS GENTILICOS

jueves, 12 de febrero de 2026

CHARLA EDUCACIÓN SEXUAL

 Este mes tivemos a sorte (un curso máis) de contar cunha nai do cole que é matrona.

Explicounos fenomenal todo o que pasa no noso corpo durante a pubertad, a importancia que ten chamar as partes íntimas do noso corpo polo seu nome, contos relacionados coa sexualidade e deu resposta a unha morea de preguntas que tiñan os nenos e nenas sobre o seu corpo.




MOITAS GEAZAS! ESPERÁMOSTE NOVAMENTE NO 3º TRIMESTRE.

A ENTROIDAR!

 Semana intensa esta! Os nosos artistas e as nosas artistas de circo levan unha semana de tolos entre: os mandadiños do Meco, o obradoiro de roscas, pintar o mandil, o bote de flocos de millo (de @amestracris), montar a súa bandexa…

Hoxe si respiramos un pouco máis tranquilos e tranquilas porque mañá por fin é o día e, penso que, está todo preparado.

Aínda que haberá unha sorpresa final no noso desfrace de vendedores e vendedoras ambulantes de circo! Que será será?


QUE COMECE O ESPECTÁCULO!











HOXE VISÍTANOS GALICLOWN




Unha vez máis, na nosa escola, a asociación de pallasos de hospital, Galiclown, fíxonos rir un bo anaco ademais de explicarnos a importante labor que realizar no Álvaro Cunqueiro.

Pasamos xuntos un ratiño moi agradable e divertido facendo fincapé no importante que é a SAÚDE e a risa.