martes, 16 de diciembre de 2025

BOTÓN P E BOTÓN S

 Nas sesións de valores estamos a traballar as nosas emocións que nos levan a diferentes comportamentos.

Tras a lectura dun conto que nos trouxo o noso compañeiro Denis, descubrimos que ante un problema nós podemos decidir que pasará despois, según como decidamos responder ante ese problema.

Aprendimos tamén o uso dos dous botóns: o botón P de PÁNICO e o botón S de SOLUCIÓN.

Finalmente fixemos un pequeno traballo escrito de reflexión.




E ti? Qué botón decides pulsar ante un problema?

SESIÓNS DE BIBLIOLAB

Este mes a bibliolab está repleta de actividades relacionadas co Nadal. 

Por equipos, desfrutamos dos diferentes recunchos cheos de cores e de materiais reciclados.











lunes, 15 de diciembre de 2025

SAÍDA AO MUSEO LISTE

O xoves saímos camiñando dende a escola ao Museo Liste. Alí desfrutamos dunha sesión sobre o Nadal moi interesante na que nos explicaron as diferentes tradicións e días importantes nestas datas.

Rematamos a visita cub obradoiro de casitas de nadal colaborativas. Cada equipo realizou a súa propia casiña e entre todos os equipos montamos un pequeno pobo navideño.

Velaquí unha pequena mostra: