miércoles, 26 de marzo de 2025

FAMILIAS COLABORADORAS

 O pai da Nosa Vera acudiu ao cole para explicarnos a todo os nenos e nenas de 4º o proceso para deseñar uns cabaliños de madeira.


Por parellas lixamos as diferentes pezas e ata fixemos os buratos co trade. Agora temos que votar man da Nosa imaxinación e creatividade para decoralos e pintalos  e finalmente expoñelos no noso corredor de carpintaría.











MOITAS GRAZAS POR VIR!

jueves, 20 de marzo de 2025

XOGANDO COA XEOMETRÍA

 Hoxe repasamos para o exame de Matemáticas de mañá da mellor maneira posible: xogando coa xeometría!

Por parellas deseñamos un prisma e unha piràmide tendo en conta a súa base, aristas e vértices. Para isto, precisamos uns palillos e un pouco de plastilina, nada máis!

Coma todo, a base de ensaio-erro, descubrimos que facendo as bases e despois xuntàndoas por medio das aristas, realizar o prisma era moito máis sinxelo. 

Por outra banda, repasamos os elementos destas figuras e o seu nome.










jueves, 6 de marzo de 2025

ENTROIDO MODO ON

XA ESTAMOS A ARGALLAR TODO PARA O ESPERADO ENTROIDO!

VEÑA QUE ESTE ANO PINTA BEN A COUSA QUE VAI SAÍR O SOL!

COMA SEMPRE, TRATAMOS DE FACER PARTE DO DESFRACE COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS E, PUTRA PARTE, NA AULA. ESTE CURSO MÁIS CA NUNCA TIÑAMOS QUE CREALO NÓS, COAS NOSAS MANS.

CADA GRUPO, ESPECIALISTA NUN ARTESÁN/ARTESÁ DESEÑEOU O SEU MANDIL DECORADO CON FERRAMENTAS E MATERIAIS DOS DIFERENTES OFICIOS.















QUEREDES VER O RESULTADO FINAL?