miércoles, 20 de noviembre de 2024

OBRADOIRO SOBRE OS OCÉANOS

 Onte tivemos a sorte de disfrutar na Bibliolap dun obradoiro sobre os océanos e a necesidade do coidado pola nosa parte.

O obradoiro tratábase de cinco recunchos nos que poder investigar e incluso tocar todo o vinculado coa nosos mares e océanos.

Aprendimos unha morea de cousas e fixemos memoria doutras que xa sabiamos do curso pasado!



















lunes, 18 de noviembre de 2024

MUSEO ETNOGRÁFICO LISTE

 Xa tivemos a nosa primeira saída deste curso! E sabedes a onde foi? Ao museo Liste! A visita por excelencia













este curso por mor do noso proxecto relacionado cos oficios.

Tivemos a sorte de ter un bo día de sol para ir camiñando, disfrutando así do noso barrio e dos seus arredores.

Ao chegar, descubrimos unha morea de materiais, de ferramentas e incluso de oficios que tiñamos no olvido. 

Claro que xogabamos con algo de vantaxa xa que días antes investigamos na aula de informatica sobre o museo: a súa localización, nome completo, plantas, salas…

Aínda así sorprendeunos e o pasamos xenial!