miércoles, 13 de marzo de 2024

TAREFA OS ECOSISTEMAS

Xa co trimestre a piques de rematar, os nosos actores e actrices continúan aprendendo e traballando en equipo.

Este mes fixemos unha tarefa grupal nas sesións de CCSS. Cada equipo elaborou o seu propio ecosistema nunha caixa.

Con material propio, un pouco de inxenio e moitas ganas… Velaquí os resultados!







AS FAMILIAS CONTAN

 O 8M foi un día moi especial. Tivemos a visita de Aurora, a nai de Andrés, que viu à escola a facer un contacontos.

Aproveitou a ocasión para lernos o conto ‘Artur e Clementina’ co que descubrimos o importante que son as palabras e o dano que poden facer!


Ademais de falarnos de Florence unha pioneira no mundo da enfermería, coa que comparte profesión.

Moitas grazas polo teu tempo!

VISITA DE PABLO NOGUEIRA

 Onte tivemos a sorte de ter na nosa biblioteca ao autor de Ringo. El é Pablo Nogueira, un mestre, músico e escritor galego.

Durante este trimestre, desfrutamos do seu libro na nosa clase. Con el descubrimos un mundo de circo un tanto especial e as aventuras dun coello perdido por un pequeno problemiña nun truco de maxia… cousas que pasan!

Moitas grazas a Pablo pola súa visita e por facernos pasar un rato tan agradable!







lunes, 4 de marzo de 2024

O MEU NOME EN FRACCIÓNS

 Comezamos a traballar e a xogar coas fraccións estes días na aula. Descubrimos que estamos rodeados delas e que, incluso, o noso nome está formado por fraccións.

Velaquí unha pequena mostra dos traballos feitos polos nosos actores e actrices: