Xa estamos de Volta!
Aproveitando que onte foi o Día do Amor ❤️, cada neno e nena escribiu e debuxou un propòsito, un desexo, unha persoa e un lugar especial nos seus respectivos corazóns de papel.
Finalmente coloreamos, recortamos e… fixemos un corazón xigante na fiestra entre todos.
Aproveitamos a ocasión, coma non, para falar do que é un desexo e do que é un propósito cousa que sempre leva a moitas dúbidas.