miércoles, 20 de noviembre de 2024

OBRADOIRO SOBRE OS OCÉANOS

 Onte tivemos a sorte de disfrutar na Bibliolap dun obradoiro sobre os océanos e a necesidade do coidado pola nosa parte.

O obradoiro tratábase de cinco recunchos nos que poder investigar e incluso tocar todo o vinculado coa nosos mares e océanos.

Aprendimos unha morea de cousas e fixemos memoria doutras que xa sabiamos do curso pasado!



















lunes, 18 de noviembre de 2024

MUSEO ETNOGRÁFICO LISTE

 Xa tivemos a nosa primeira saída deste curso! E sabedes a onde foi? Ao museo Liste! A visita por excelencia













este curso por mor do noso proxecto relacionado cos oficios.

Tivemos a sorte de ter un bo día de sol para ir camiñando, disfrutando así do noso barrio e dos seus arredores.

Ao chegar, descubrimos unha morea de materiais, de ferramentas e incluso de oficios que tiñamos no olvido. 

Claro que xogabamos con algo de vantaxa xa que días antes investigamos na aula de informatica sobre o museo: a súa localización, nome completo, plantas, salas…

Aínda así sorprendeunos e o pasamos xenial!

viernes, 25 de octubre de 2024

FLOR PRONOMES PERSOAIS

Un venres máis xogando coa lingua!

Nesta ocasión, elaboramos unha flor que escondía a clasificacion dos pronomes persoais.

Unha forma visual e sinxela de organizar as nosas ideas.

Que vos parece o resultado final?







Déixovos un vídeo recordatorio sobre os pronomes persoais:



CABAZAS DE ORIGAMI



 Para este Samaín, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo unha actividade na que cada curso tiña que decorar unha vasoira tendo en conta a nosa tradición en relación con esta festividade.

Os nosos artesáns e artesanas xa están mans a obra elaborando unhas cabazas de origami que colgaremos na nosa vasoira.

Velaquí unha pequena mostra:










Que vos parecen?




Déixovos o vídeo por se queredes decorar as cosas casas e seguir facendo cabazas nestes días!



viernes, 18 de octubre de 2024

SESIÓNS LC DOS VENRES

 Continuamos un venres máis coa nosa sesión de LC de xogos. Esta vez xogando cos substantivos. Por parellas, os nenos e nenas tiveron que seguir a ruta dos substantivos ata chegar ao seu destino.

Unha forma moi visual e atractiva de traballar a clasificación dos substantivos!





*Plantilla de trazos

Déixovos uns vídeos coa teoría dos substantivos traballada estes días:




OBRADOIRO CON LUÍS DO RÍO

O venres Tivemos a sorte de contar na nosa escola con Luís do Río: cesteiro, músico, artesán e divulgador da nosa cultura.

No vestíbulo preparounos unha morea de instrumentos e de materia prima para explicarnos o proceso de elaboración e o seu son.

Un pracer!







lunes, 14 de octubre de 2024

SESIÓNS DE LC DOS VENRES

 As sesións de Lingua Castelá os venres son sensións disfrutonas xa que aproveitamos para facer algún xogo relacionado cos contidos traballados ao longo da semana.

A semana pasada, por parellas, escollimos palabras dun sobre. Tivemos que analizalas buscando a súa sílaba tónica, como era segundo a sílaba tónica e tentar sacar a regra de acentuación.

Moitos nenos e nenas chegaron a conclusión dalgunha das regras de acentuación sacando as súas propias conclusións.

Velaquí unha pequena mostra:







Déixovos un vídeo para que fagades memoria de todo o aprendido estes días: