viernes, 27 de octubre de 2023

DINÁMICA COOPERATIVA A ENTREVISTA





 Continuamos unha semana máis argallando na escola! Os nosos actores e as nosas actrices estes días fixeron unha dinàmica chamada q entrevista que, sen ser conscientes, axuda e moito a unir o grupo.

Primeiro acordamos entre todo o grupo 3 preguntas que nos gustaría facerlle a algún compañeiro ou compañeira para coñecelo máis:

CAL É A TÚA ASIGNATURA FAVORITA?

CAL É O TEU DEPORTE FAVORITO?

QUE CHE GUSTARÍA SER DE MAIOR?

A continuación tiveron que agruparse por parellas: cada neno e nena colleu a peza dun memory de animais e as súas pegadas. De modo que tiveron que buscar a pegada ou o animal relacionado coa súa peza. 

Unha vez en parellas, fixeron a entrevista e escribiron as respostas por un lado dun anaco de folio de cor. Polo outro lado, escribiron unha oración que resumía o máis importante das respostas que apuntara do outro lado.

Finalmente, cada parellas saiu a ler a oración relacionada co seu compañeiro ou compañeira.

Fixérono xenial e descubrir cousas dos demais que non sabían a pesar de levar tantos anos xuntos!


lunes, 16 de octubre de 2023

FASES DA LÚA

En CCSS elaboramos a nosa primeira flor.

 Como? Que qué iso dunha flor? Pois unha forma de organizar a información!








Se levantades cada un dos seus pétalos, descubriredes información das diferentes fases da Lúa.

Que vos parece?

HISTORIA DO CINE

 Comezamos as nosas sesións dedicadas ao proxecto deste novo curso. Nesta ocasión, visualizamos un pequeno vídeo e contestamos a unha serie de preguntas sobre os irmáns Lumiere e os comezos do cine.







Velaquí unha pequena mostra! 

Agora continuamos rodando, pero para iso tedes que investigar vós sobre as diferentes profesións do cine: actores, actrices, guionistas, director/a, camarògrafo/a…

CONTINUARÁ!

lunes, 2 de octubre de 2023

O NOSO CORREDOR DA FAMA

 Así brilla o noso corredor da fama de 3º! Os nenos e nenas decoraron coa dúa estrela. Nela tiña que escribir o seu nome, a súa película favorita, xénero e un debuxo relacionado 🎦 🎬.
















Agora toca seguir traballando e a brillar ⭐️!