miércoles, 24 de mayo de 2023

TEMA 12 DE MATEMÁTICAS

Continuamos coa regra, escuadra e cartabón!

Iniciamos novo tema e xa aprendemos unha morea de cousas: que é un polígno, cales son os seus elementos, as clases de triángulos segundo os seus lados e os seus ángulos...

Dèixovos unha serie de recursos para ir quentando motores:





FICHA INTERACTIVA POLÍGONOS

FICHA INTERACTIVA PERÍMETRO

FICHA INTERACTIVA TRIÁNGULOS

FICHA INTERACTIVA TRIÁNGULOS II








CONTINUARÁ...

miércoles, 10 de mayo de 2023

TEMA 11 DE MATEMÀTICAS

 Comezamos libro novo de Mates e con el novas aprendizaxes. Este trimestre, o pouquiño que queda del, dedicarèmolo a todo o relacionado con xeometría: liñas, ángulos, figuras planas, superficie...

Así que collede con moitas gañas a regra, escuadra e o cartabón!

Dèixovos unha serie de recursos para ir quentando motores:




















lunes, 8 de mayo de 2023

ÍMONOS Á ILLA DE SAN SIMÓN

 Hoxe descubrimos cal será o noso dedtino para a excursión de fin de curso: A ILLA DE SAN SIMÓN!

A verdade que o que máis lle gustou aos nosos modistos e modistas foi a idea de coller o barco!


Xa estamos desexando que chegue xuño e poder desfrutar do gran día. Pero antes teremos que averiguar un pouco do lugar ao que imos digo eu!

De modo que, aproveitamos a sesión de Informática para buscar información sobre a illa: onde está ubicada, que illas a forman, como podemos chegar a ela, que foi antes...

Apuntamos as preguntas e as respostas atopadas na nosa libreta para, finalmente, pasalas ao procesador de textos e seguir practicando.







viernes, 5 de mayo de 2023

VIDRIERAS DE PRIMAVERA

 Xa temos decoradas as nosas fiestras da clase coas vidrieras de flores que fixeron os nosos modistos e modistas.

E así lucen de ben!





Que vos parecen? Dende fóra todavía quedan màis bonitas! Fixàdevos cando vaiades camiño da escola.

Tràtase dunha manualidade moi vistosa e sinxela. Queredes saber como as fixemos? Pois só precisades plantillas de flores para recalcar nunha cartolina negra, punzón para facer un círculo no centro da flor, tesoiras e anacos pequenos de celofán de diferentes cores.


🏵🌹🌺🌻🌼🌷🌾

jueves, 4 de mayo de 2023

TRABALLOS: O FUTURO QUE QUEREMOS

 Xa temos unha morea de mostras dos traballos realizados polos nosos modistos e modistas en relación co reto da biblio do mes de abril.

Todos e todas puxeron a súa creatividade a funcionar e os resultados foros espectaculares!

Dende maquetas con bos desexos para o mar, para as àrbores, para os animais en perigo de extinción... pasando por un modelo de cidade do futuro... ata cadernos interactivos e lapbooks sobre o futuro que queremos!

Se queredes velos en directo, pasade polo hall da escola e a disfrutar!