jueves, 21 de diciembre de 2023

CARTA AOS REIS MAGOS

 Chegou o último día deste trimestre!

Hoxe escribimos a carta aos Reis Magos, pero non pedimos únicamente para nòs… Non non! Tamén para o mundo, para a nosa familia, para as persoas que precisan axuda…

Porque se algo aprendimos durante estas semanas de decembro é que… TER O QUE PRECISAS É TELO TODO!







BO NADAL A TODOS E TODAS!

martes, 5 de diciembre de 2023

PRIMEIRA SAÍDA

 O trimestre está a piques de rematar, pero os nosos actores e actrices continúan traballando e aprendendo día a día.

Hoxe… fora da escola! Pasamos a mañá en Naturnova onde desfrutamos dunha exposición adicada aos seres vivos e o universo. Xustamente os temas que traballamos este trimestre nas Ciencias! 

De modo que foi unha oportunidade para facer memoria e descubrir máis cousas aínda!










Rematamos a mañá merendando na Porta do Sol, dando un paseo pola rúa do Príncipe e a Alameda así quentamos o corpo que boa falta facía!

viernes, 1 de diciembre de 2023

COMEZAMOS DECEMBRO

 Cunha visita moi especial! 

Hoxe chegamos a aula e tiñamos as fiestras decoradas, quen sería? Os nenos e nenas de 3ºB apostaron polo elfo do Nadal.

Pronto saímos de dúbidas porque, un rato despois, apareceu un sobre enriba dunha cadeira.


Abrímolo e… SORPRESA! Tiña dentro unha carta asinada coas pegadas dun elfo!


Nela contounos que estivera onte pola noite na nosa aula decorando un pouco, pero que nos deixou algunha fiestra para que sexamos nós os responsables de decórala. Ademais dun calendario de adviento con actividades divertidas para facer en clase e en casa!

Para o DÍA 1 pediunos escribir 4 cousas que tivéramos ganas de facer ou que nunca fixeramos.

Para o DÍA 2 na casa, temos que buscar información sobre a flor de pascua e facer un debuxo dela.

Para o DÍA 3 na casa, debuxar unha estrela fugaz e escribir dentro unha palabra en galego relacionada co Nadal.

Estades preparados e preparadas? Pois comezamos!



jueves, 30 de noviembre de 2023

DECORACIÓN DE NADAL

 Os nosos actores e actrices xa saben que este curso é cousa do noso ciclo a decoración do hall! Cada curso un ciclo é o responsable desta tarefa, por tanto, 3º e 4º temos que poñermos mans à obra!

De modo que, o venres, cada neno e nena, levará un CD/DVD que terá que decorar con motivos navideños e entregar á volta da ponte. 

Sería un bo momento para poder desfrutar da familia e facer unha manualidades xuntos, non si?

Podedes utilizar todo tipo de material utilizando como base o CD/DVD 📀: goma eva, cartolina, algodón, botóns….

Déixovos unhas imaxes por se vos serven de axuda e de inspiración:







SESIÓNS DE INFORMÁTICA

 Esta semana estivemos na aula de informática 👩‍💻!

Aproveitamos a ocasión para coñecer as partes do ordenador: torre, teclado, rato… Como acendelo, como apagalo… Unha serie de conceptos básicos para poder facer un bo uso dos mesmos.

Nesta primeira toma de contacto, entramos na páxina da escola e, dentro dela, no noso blog. Aprendemos a utilizar a 🔍 e o importante que é escribir todo correctamente para que aparezan as cousas que buscamos.

Finalmente, navegamos por todo o material relacionado con CCSS do noso blog para facer un repaso para o exame.

Porque aprender e estudar debe ser divertido, non si?

Velaquí algunha imaxe:






lunes, 20 de noviembre de 2023

DESCRIBIR OBXECTOS

 Menudo lío que parece ter que describir un obxecto, non si? Pois hoxe descubrimos que pode ser donado e divertido sempre e cando organicemos as nosas ideas!

Para uso, utilizamos unha flor na que, en cada un dos seus pétalos, escribimos unha idea:

Pétalo 1: que é?

Pétalo 2: forma, cor, tamaño e material.

Pétalo 3: as súas partes.

Pétalo 4: para que serve?

Finalmente, se facemos unha oración coa información de cada pétalo xa temos a nosa descrición feita!

Fixádevos no seguinte exemplo:


Doado verdade? Pois xa sabedes a seguir practicando na casa con diferentes obxectos!

domingo, 19 de noviembre de 2023

MAGOSTO

 Por fin saiu o sol e, con el, o Magosto no Seis!

Comezamos a celebración cunha xincana de xogos tradicionais que nos deu moita moita fame! E rematamos comendo castañas acompañados de boa xente e boa música!




miércoles, 15 de noviembre de 2023

PREPARADOS E PREPARADAS PARA O MAGOSTO

 Por fin parece que vai saír o sol 😎 e poderemos festexar o Magosto no Seis!

Os nosos actores e actrices xa están preparados coa nosa cestiña para coller e comer as castañas asadas. 

Hoxe fixemos nunha sesión de papiroflexia e así quedaron:







miércoles, 8 de noviembre de 2023

A NOSA ÁRBORE

 Os nosos actores e actrices continúan traballando día a día, nesta ocasión, nas sesións de Proxecto Competencial estamos elaborando unha árbore sobre nós. 

Cada neno e nena debuxou a súa propia árbore que tiña que ter raíces, tronco, ramas e froitos.

Na raíz escribiron cousas positivas sobre eles, no tronco o seu nome, nas ramas actividades que se lle dan ben e, finalmente, nos froitos cousas que lle custaron, pero lograron.

Non foi tarea fácil xa que, moitas veces, pensar en cousas positivas sobre nós non é doado, pero vaia se temos! Coa axuda dos compañeiros e compañeiras saíron un montón de cualidades que non sempre as temos presente!

Velaquí unha pequena mostra:










viernes, 27 de octubre de 2023

DINÁMICA COOPERATIVA A ENTREVISTA





 Continuamos unha semana máis argallando na escola! Os nosos actores e as nosas actrices estes días fixeron unha dinàmica chamada q entrevista que, sen ser conscientes, axuda e moito a unir o grupo.

Primeiro acordamos entre todo o grupo 3 preguntas que nos gustaría facerlle a algún compañeiro ou compañeira para coñecelo máis:

CAL É A TÚA ASIGNATURA FAVORITA?

CAL É O TEU DEPORTE FAVORITO?

QUE CHE GUSTARÍA SER DE MAIOR?

A continuación tiveron que agruparse por parellas: cada neno e nena colleu a peza dun memory de animais e as súas pegadas. De modo que tiveron que buscar a pegada ou o animal relacionado coa súa peza. 

Unha vez en parellas, fixeron a entrevista e escribiron as respostas por un lado dun anaco de folio de cor. Polo outro lado, escribiron unha oración que resumía o máis importante das respostas que apuntara do outro lado.

Finalmente, cada parellas saiu a ler a oración relacionada co seu compañeiro ou compañeira.

Fixérono xenial e descubrir cousas dos demais que non sabían a pesar de levar tantos anos xuntos!


lunes, 16 de octubre de 2023

FASES DA LÚA

En CCSS elaboramos a nosa primeira flor.

 Como? Que qué iso dunha flor? Pois unha forma de organizar a información!








Se levantades cada un dos seus pétalos, descubriredes información das diferentes fases da Lúa.

Que vos parece?