jueves, 25 de marzo de 2021

TAREFA PARA SEMANA SANTA

 Esta Semana Santa ademais de descansar e desfrutar do nosos teremos que crear...UN FLIPBOOK! 

Esta vez vos mesmos e mesmas elaboraredes a plantilla con folios de cores de diferentes tamaños que teñades por casa.

Pero... sobre que o fago? Pois debedes escoller unha entre as seguintes opcións! Pode ser a que máis che guste, a que menos ou a que máis rabia che de:

Opción A) O VERBO EN LG

Opción B) PALABRAS AGUDAS, GRAVES E ESDRÚXULAS EN LG

Opción C) O ADXECTIVO EN LG

Opción D) LOS NÚMEROS DECIMALES EN LC

Opción E) LAS FRACCIONES EN LC


RECORDADE...

- Organizar o tema antes de comezar: que é o máis importante que teño que poñer? cantos apartados debe ter?

- Ter claro o número de folios que preciso.

- Facer unha portada.

- Acompañar o FLIPBOOK de imaxes ou debuxos relacionados coa temática escollida.

Estades preparados e preparadas?!




ESCRITURA CREATIVA III E IV

 Continuamos co noso obradoiro de escritura creativa en LC de final de trimestre para cargar pilas para o que ven e demostrar todas ás estratexias linguísticas  adquiridas ao longo destes 3 meses!

O mércores inventamos xogos para o recreo algo que resultou moi práctico xa que os patios deste curso son menos dinámicos do habitual...

Por sorte co inxenio dos e das nosas BILLY ELLIOTS tentaremos conseguir uns recreos máis divertidos poñendo en xogo todas as súas propostas!


O xoves adentrámonos no mundo da maxia inventando un mago ou unha maga que tiña que levar a cabo o seu truco máis especial. En qué consistirá? 



martes, 23 de marzo de 2021

ESCRITURA CREATIVA II


 Imaxina unha historia que comece así:

UN MARTES POLA MAÑÁ A TERRA AMANECEU CUNHA SORPRESA MAIÚSCULA. NON HABÍA NINGÚN NENO EN TODO O PLANETA. QUE SUCEDERA?

Non esqueças seguir a estrutura para facer unha narración ou conto:

INTRODUCIÒN: presenta o lugar, tempo e personaxes.

NO: explica o problema que acontece

DESENLACE: dalle solución 

Isto foi o que aconteceu na sesiòn de hoxe de LC. Esperamos ter mostras próximamente e saír de dúbidas...

ESCRITURA CREATIVA

 Voltamos un trimestre máis coa escritura creativa oara deixar voas as nosas dotes de escritores e escritoras e a imaxinación!

Nesta ocasións, adicaremos esta semana, na sesión de LC, a facer diferentes tarefas onde poñer en xogo todas as nosas estratexias creativas e lingüísticas.

Onte comezamos inventando excusas! SI SI, EXCUSAS! pero non a típica de... quedeime durmido/a ou é que chegaba tade... NON, NON!

Aquí vos deixo unha pequena mosta:


Síntoo, pero non podemos desvelar as excusas dos nosos e nosas BILLY ELLIOTS non vaia a ser que as utilicen algunha vez ;)

jueves, 18 de marzo de 2021

ESTAMOS DE PONTE!

 

Voltaremos o luns con máis ganas aínda!💪🏻

MOSTRAS DO FLIPBOOK DE CCSS









 Xa temos os nosos FLIPBOOKS rematados! 

Espero que foran de gran axuda para o exame de hoxe!

Parabéns aos e ás artistas!





TAREFA PARA A PONTE DE SAN XOSÉ

 Nestes días ímoslle dar un pouco á escritura ✍️ creativa! Polo que nestes días, tedes  qué inventar un pequeno cómic en LC seguindo a plantilla que levades para casa.



Non esquezades poñer:

TÍTULO

ONDE

CANDO

ONOMATOPEIAS 

COLOREAR OS DEBUXOS

Estades preparados e prepararadas?!

martes, 16 de marzo de 2021

SESIÓNS DE ROBÓTICA

Por fin parece que voltamos á calma e retomamos as sesións de robótica! Esta vez estreando recuncho na biblioteca onde temos unha morea de material como o bolígrago 3D, as tables e os MBOT.

Hoxe a metade da clase tivo a sorte de probar todos os materias e poñer a súa creatividade mans obra.

Haberá máis e mellor!













PALABRAS AGUDAS, GRAVES E ESDRÚXULAS

 Billy Elliots xa metidos de cheo no mundo da clasificación das palabras segundo a súa sílaba tónica, non si? Toda unha aventura ao principio sobre todo, pero practicando e practicando todo se consegue!

Déixovos unha serie de recursos para facilitarvos esta ardua misión de poñer a tilde nas palabras sempre e cando sexa preciso... OLLO! ;)









E AGORA A PRACTICAR!








lunes, 15 de marzo de 2021

FLIPBOOK DE CCSS

 Hoxe aprendimos o que era un Flipbook e para que serve. Descubrimos que é un recurso moi útil como repaso dun tema ou para axudarme a organizar as ideas dun tema das deferentes asignaturas.

Trátase dunha serie de folios de cores cortados a diferentes tamaños nos que escribir o máis importante día apartados dun tema a traballar ou a estudar.

Esta semana faremos, coma tarefa na casa, o noso primeiro FLIPBOOK sobre A PREHISTORIA.

Aquì tedes algúns exemplos que vos poden servir de inspiración.

IMPORTANTE: RECORDADE QUE LEVADES XA A PLANTILLA PREPARADA POR SER A PRIMEIRA VEZ E QUE O DÍA DE ENTREGA SERÁ O XOVES 18 DE MARZO.

Atrevédesvos a facer o voso sobre as etapas da Prehistoria? ÁNIMO!





martes, 9 de marzo de 2021

LECTURAS AO SOL

 Parece que a primavera quere asomar as súas patiñas e para celebralo hoxe fixemos a sesión de lectura libre ao aire libre!😎

A verdade que non hai coma ter un bo día, unha boa lectura e boa compañía, non si?









Repetiremos! Sempre que o tempo nolo permita...

lunes, 8 de marzo de 2021

RETO DA BIBLIOTECA MARZO

 Comezamos mes e con el novo reto da biblioteca!

Non deixedes de visitar o blog ATLAS DOS SOÑOS- RETO MARZO para seguir participando e enchendo o voso pasaporte da biblio de selos!




8M

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora! 

Hoxe na clase, fixemos un pouco de memoria sobre a importancia deste día, o motivo polo cal se celebra, a súa cor... Ademais de poñerlle cara a muller con estrela que moitos de nós descoñecíamos ou pensabamos incluso que eran homes!


Aquí tedes os recursos utilizados no día de hoxe, para seguir celebrando na casa este día cada día das vosas vidas:

UN POUQUIÑO DE HISTORIA...





TRES MULLERES CON ESTRELA...




Tres mulleres con estrela, pero para mostra un botón!


Podedes seguir aprendendo e informándoos nos blog da nosa biblioteca premendo no seguinte enlace:


E para rematar... que non nos falte a música!









jueves, 4 de marzo de 2021

ROSALÍAS AO ESTILO ANDY WARHOL

 Velaquí tedes unha pequena mostra a nivel artístico da semana da poesía que festexamos na clase:





Tras visualizar un vídeo sobre o artista Andy Warhol, puxémonos mans á obra para facer as nosas propias Rosalías seguindo o estilo seu estilo.




Só necesitades unha cartolina branxa, unhas ceras Manley ou similares, unha silueta de Rosalía de Catro, escoller ben a combinación de cores e... 


VOALÁ!