miércoles, 7 de abril de 2021
RESULTADO FLIPBOOKS SEMANA SANTA
Xa temos mostras dos traballiños de Semana Santa! Parabéns aos e ás artistas polo traballo plástico de presentación e decoraciòn e, por suposto, polo gran traballo de búsqueda e selección da información máis importante para poder plasmala nuns folios de cores!
Parece doado verdade? Que volo digan eles e elas!
FLIPBOOKS DE MATES:
FILPBOOKS DE LG:
domingo, 4 de abril de 2021
DÍA DA POESÍA
O 21 de marzo celebrouse o Día da poesía. Os nosos e as nosas BILLY ELLIOTS non deixaron de festexar este hermoso e literario día, pero como? Pois esta vez facendo CALIGRAMAS!
Que aínda non sabedes que é iso? Pois pregúntalles aos nenos e nenas de 4ºB e sairedes de dúbidas!
Velaquí unha pena mostra porque a poesía tamén se pode debuxar...
jueves, 25 de marzo de 2021
TAREFA PARA SEMANA SANTA
Esta Semana Santa ademais de descansar e desfrutar do nosos teremos que crear...UN FLIPBOOK!
Esta vez vos mesmos e mesmas elaboraredes a plantilla con folios de cores de diferentes tamaños que teñades por casa.
Pero... sobre que o fago? Pois debedes escoller unha entre as seguintes opcións! Pode ser a que máis che guste, a que menos ou a que máis rabia che de:
Opción A) O VERBO EN LG
Opción B) PALABRAS AGUDAS, GRAVES E ESDRÚXULAS EN LG
Opción C) O ADXECTIVO EN LG
Opción D) LOS NÚMEROS DECIMALES EN LC
Opción E) LAS FRACCIONES EN LC
RECORDADE...
- Organizar o tema antes de comezar: que é o máis importante que teño que poñer? cantos apartados debe ter?
- Ter claro o número de folios que preciso.
- Facer unha portada.
- Acompañar o FLIPBOOK de imaxes ou debuxos relacionados coa temática escollida.
Estades preparados e preparadas?!
ESCRITURA CREATIVA III E IV
Continuamos co noso obradoiro de escritura creativa en LC de final de trimestre para cargar pilas para o que ven e demostrar todas ás estratexias linguísticas adquiridas ao longo destes 3 meses!
O mércores inventamos xogos para o recreo algo que resultou moi práctico xa que os patios deste curso son menos dinámicos do habitual...
Por sorte co inxenio dos e das nosas BILLY ELLIOTS tentaremos conseguir uns recreos máis divertidos poñendo en xogo todas as súas propostas!
O xoves adentrámonos no mundo da maxia inventando un mago ou unha maga que tiña que levar a cabo o seu truco máis especial. En qué consistirá?
martes, 23 de marzo de 2021
ESCRITURA CREATIVA II
Imaxina unha historia que comece así:
UN MARTES POLA MAÑÁ A TERRA AMANECEU CUNHA SORPRESA MAIÚSCULA. NON HABÍA NINGÚN NENO EN TODO O PLANETA. QUE SUCEDERA?
Non esqueças seguir a estrutura para facer unha narración ou conto:
INTRODUCIÒN: presenta o lugar, tempo e personaxes.
NO: explica o problema que acontece
DESENLACE: dalle solución
Isto foi o que aconteceu na sesiòn de hoxe de LC. Esperamos ter mostras próximamente e saír de dúbidas...
ESCRITURA CREATIVA
Voltamos un trimestre máis coa escritura creativa oara deixar voas as nosas dotes de escritores e escritoras e a imaxinación!
Nesta ocasións, adicaremos esta semana, na sesión de LC, a facer diferentes tarefas onde poñer en xogo todas as nosas estratexias creativas e lingüísticas.
Onte comezamos inventando excusas! SI SI, EXCUSAS! pero non a típica de... quedeime durmido/a ou é que chegaba tade... NON, NON!
Aquí vos deixo unha pequena mosta:
Síntoo, pero non podemos desvelar as excusas dos nosos e nosas BILLY ELLIOTS non vaia a ser que as utilicen algunha vez ;)
jueves, 18 de marzo de 2021
MOSTRAS DO FLIPBOOK DE CCSS
Xa temos os nosos FLIPBOOKS rematados!
Espero que foran de gran axuda para o exame de hoxe!
Parabéns aos e ás artistas!
TAREFA PARA A PONTE DE SAN XOSÉ
Nestes días ímoslle dar un pouco á escritura ✍️ creativa! Polo que nestes días, tedes qué inventar un pequeno cómic en LC seguindo a plantilla que levades para casa.
Non esquezades poñer:
TÍTULO
ONDE
CANDO
ONOMATOPEIAS
COLOREAR OS DEBUXOS
Estades preparados e prepararadas?!