lunes, 24 de febrero de 2020

FLORES DE POESÍA


QUEREDES SABER CALES SON AS CARACTERÍSTICAS DA POESÍA?

Pois moi sinxelo! Só tendes que facer unha flor, escribindo cada característica co seu exemplo en cada un dos pétalos. Seguro que desta maneira non vos esqueceredes nunca das características máis importantes:

RIMA, VERSOS, ESTROFAS E ENTONACIÓN!





jueves, 20 de febrero de 2020

ENTROIDO NO SEIS!

Por fin chegou o día! Hoxe toca, como di o noso cartel:


CAMBIAR O MUNDO A GARGALLADAS!

Esperamos vervos no desfile pola zona da escola!





RETO: Deseña a túa flor coas características principais dos paias@s solidari@s.







TENDAL DE PAIASOS SOLIDARIOS

Tras a visita de GALICLOWN, puxemos a nosa creatividade a funcionar moi ilusionados polo traballo realizado pola asociación e pola visita.

Aquí tendes unha mostra dos nosos particulares paiasos solidarios!









miércoles, 19 de febrero de 2020

GALICLOWN


Hoxe foi un fía moi especial porque tivemos unha visita sorpresa desas que che deixan sen alento!

Co gallo do noso disfraz para este curso, como pasados solidarios/as, a Asociación GALICLOWN (paiasow de hospital) non se resistiu ante a nosa iniciativa e apareceu na escola para roubarnos algunhas gargalladas! Ademais, entregáronnos un agasallo a cada un para poder estrear o día do Entroido o cole!

Dende aquí queremos darlle as grazas e a enhoraboa polo importantísimo e dificilísimo traballo que fan cada día cos nenos e nenas que están no hospital!

BRAVOOOOOO






miércoles, 12 de febrero de 2020

ENTROIDO EN MARCHA!


Estamos xa preto do día por iso aproveitamos cualquier instante para recortar, pegar, anudar...

Os nosos complementos están xa listos para saír á rúa a...Cambiar o mundo a gargalladas!

Non esquezas traer a teu mellor sorriso!






EXPOSICIÓN DE ENTROIDO


Unha pequena mostra da exposición realizada na escola sobre os diferentes personaxes típicos do noso entroido!

Se queres saber máis detaies, só tes que achegarte ao hall do Seis!







RETO 1: Crea  a túa nube de palabras sobre o entroido utilizando o vocabulario propio desta conmemoración (www.wordart.com)

RETO 2: Completa a túa flor cos personaxes típicos do entroido galego





lunes, 10 de febrero de 2020

PANTALLAS

Chegou o Entroido e con el as filloas, orellas, as risas, os disfraces e os personaxes típicos do entroido galego alegrando as nosas rúas durante estes días!

Este curso, o Equipo de normalización lingüística da nosa escola, organiza unha exposición coas características máis importantes de cada personaxe.

Como vedes, a 3ºB, toucounos As Pantallas, así que despois de investigar sobre elas na aula de informática, púxemonos mans á obra co noso mural!

AS PANTALLAS COAS SÚAS VEXIGAS
A TODOS QUEREN ASUSTAR
CORRE, CORRE QUE TE PILLO
NON TE DEIXES ATRAPAR!








RETO: Deseña a túa flor coas características principais das Pantallas.






martes, 4 de febrero de 2020

FLORES EN CCSS

Coñecedes as flores? Escoitáchedes falas algunha vez delas? Pois As flores son unha das plantillas máis empregadas para realizar os famosos Lapbooks. Son un recurso moi inxenioso e creativo para reflexar  e sintetizar a información.

En CCSS fixemos as nossa flores coas características máis importantes da paisaxe de costa e de interior.

Foi unha actividade xenial!