martes, 26 de noviembre de 2019

XOGANDO ÁS DESCRIPCIÓNS

Hoxe realizamos a nosa propia descripción en 3 pasos:

1º Descrívome físicamente
2º Describo a miña vestimenta
3º Describo a miña personalidade e un dos meus hobbies

A continuación, fago o meu propio debuxo e finalmente...mezclamos todas as descripcións e debuxos para, entre tod@s, descubrir a quen pertence cada unha!

Velaquí tendes algún resultado:




viernes, 22 de noviembre de 2019

RETOS MALALA



Hoxe recibimos unha carta de Malala na que do que está tan ocupada cambiando o mundo que non ten tempo de contarnos todo o que está a facer, así que teremos que descubrilo nós mesmos!

De modo que, cada fin de semana, levaremos un reto o noso fogar cunha pregunta relacionada con Malala á que teremos que dar resposta.

O luns escolleremos unha das respostas ao chou. Se a resposta é correcta, teredes diversas sospresas!

Estades preparados e preparadas para facer de detectives e descubrir por que Malala cambio e está a cambiar o mundo ? COMEZAMOSSSS!

jueves, 21 de noviembre de 2019

QUE QUEREMOS CAMBIAR NO MUNDO?

Hoxe en Valores analizamos as cousas que nos gustaría cambiar do mundo.

A continuación coloreamos o noso planeta Terra e escribimos en folios de cores diversas mensaxes das cousas que consideramos importantes para o cambio.

Nós xa estamos listos, e ti?





lunes, 18 de noviembre de 2019

SUXEITOS E PREDICADOS SECRETOS

Unha das actividades que máis nos gustan, son as actividades secretas que van cambiando segundo o que estemos a traballar na aula!

Esta vez...suxeitos e predicados secretos! Colle un sobre secreto, descubre o que contén dentro e a traballar!



viernes, 8 de noviembre de 2019

CAMBIEMOS O MUNDO...reducindo a contaminación acústica


Porque unha forma de cambiar e mellorar o mundo, ten que ver coa contaminación... Está vez, en 3ºB, intentamos facer unha pequena aportación a ese cambio, reducindo a contaminación acústica!

A verdade é que somos un grupo numeroso e ruidoso, pero non hai nada cunhas pelotas de tenis ou padel nas cadeiras, non poidan solucionar!

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración!

Próximo trimestre: as mesas!


domingo, 3 de noviembre de 2019

SAMAÍN EN 3ºB

Aquí tendes algunha mostra do traballo feito polos rapaces e rapazas: NUBES DE PALABRAS DE SAMAÍN!
Son un bo recurso para traballar o vocabulario desta festa tradicional galega, a través da páxina www.wordart.com

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración e aos nenos e nenas pola vosa creatividade e as ganas que poñedes en cada cousa que facemos día a día!